Xa ven, a ciencia sempre ó servizo da música.
martes, 1 de xaneiro de 2013
O Doutófono: feliz ano novo con Mariss Jansons
Mariss Jansons é un director de orquestra letón, entre os mellores do mundo. É tamén director principal dunha das mellores orquestras do mundo: a Koninklijk Concertgebouworkest (KCO), entre outras. Seu pai, o tamén director Arvid Jansons, morreu enriba da tarima mentres dirixía, a causa dun ataque cardíaco. Mariss Jansons case morre sobre a tarima en 1996 dun ataque cardíaco mentres dirixía. Afortunadamente, nese tempo xa dispuñamos de dispositivos DAI (desfibrilador automático implantable). Así que uns cirurxáns de Pittsburgh implantáronlle un ó Sr. Jansons e aquí o teñen dándoo todo no concerto de ano novo do ano pasado (2012).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario