venres, 18 de xaneiro de 2013

Libro: minería de datos para o cancro de pulmón



Inda quentiño do prelo, pero xa está aquí. É o libro Aplicabilidade do modelo CRISP-DM á cirurxía do cancro de pulmón. O problema da idade, publicado pola Area de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo á que dou dende aquí as grazas, personalizadas na figura do seu diretor Paulo Cabral. Tamén teño que agradecer, como non, á miña editora de cabeceira, Rita.

O libro recolle integramente o texto da tese de doutoramento homónima que defendin na antedita Universidade no pasado mes de marzo de 2012. Está publicado baixo unha licenza creative commons e pódese descargar de xeito gratuito na sección de recursos da miña web de cirurxía torácica, tanto no formato da tese (arquivo PDF, 256 páxinas en cor, 91,8 Mb), como no formato do libro (arquivo PDF, 186 páxinas en cor, 4,3 Mb).

Os nostálxicos poden solicitar unha copia impresa do libro (186 páxinas en BN) no enderezo libro@toracica.org (PVP 12€, IVE incluido. Gastos de envío non incluidos).

Algúns dos contidos máis interesantes tamén os partillarei neste blog.

2 comentarios: