Pero dende o punto de vista práctico, é moi sinxelo. Só hai que solicitalo ó Laboratorio de Radón de Galicia por téfono (981 955 094/600 942 434), correo electrónico (laboratorioradon.galicia@usc.es), cubrindo a ficha na páxina web ou acudindo ó laboratorio no Servicio de Medicina Preventiva, na planta baixa de Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
O máis económico e práctico é solicitar a medición integrada mediante detectores pasivos tipo Radosys(c) (un dos máis fiables do meracado), inda que no propio laboratorio poden asesorarnos. Unha vez solicitado, recibiremos por correo o detector. Aconséllase colocar polo menos dous, para detectar a varabilidade dentro da casa, nos cuartos onde pasemmos máis horas. Por exemplo, dormitorio e sala de estar. Se hai nenos na casa sería conveniente situar un no cuarto dos nenos. Dous detectores para controlar sendas pezas da vivenda custan 80€ máis IVE, gastos de envío e reenvío incluidos.
Os detectores son pequenos botes negros de plástico, semellantes a aqueles nos que viñan os carretes de fotos. Hai que colocalos no cuarto segundo unha folla de instrucción adxunta, e deixalos nel durante tres meses. Deste xeito obtemos unha medición integrada, é dicir, unha ponderación das concentracións de radón que hai na habitación ó longo dos tres meses, que é unha medida moito máis útil que unha medición puntual nun momento concreto. No laboratorio farán ademáis as correccións necesarias en función da estación do ano na que nos atopamos.
![]() |
Folla de instruccións para colocar o detector de radon. |
Pasados os tres meses só temos que introducir os detectores no sobre acolchado e franqueado incluido no envío e mandalos ó laboratorio por correo. Lembren gardar as bolsas dos detectores para este intre. Se non as conservaron terán que envolvelo en a lo menos dúas ou tres capas de papel de aluminio. Antes dun mes chegaranos, tamén por correo, o resultado das medicións.
No caso de que as medicións sexan altas, no propio laboratorio poden informarnos dos pasos a seguir. Os servicios de Laboratorio de Radón de Galicia inclúen medidas máis pormenorizadas e informes de intervención para reducir o radón.
Con só unha chamada de teléfono e un pouco de paciencia (3-4 meses) podemos obter una medición fiable das concentracións medias de gas radón na nosa casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario