xoves, 29 de xaneiro de 2015

Bote de Muros



"Dende os tempos de Carlos III, e probablemente durante un período de tempo aínda máis longo, o modelo de bote non sufrira modificacións."
Staffan Mörling

luns, 26 de xaneiro de 2015

Francisco Boix


Francisco Boix, coas súas Leicas, botou luz sobre a barbarie nazi. Ver este documental é un bo xeito de manter a luz acesa neste 70 aniversario de liberación dos campos de exterminio. Outro xeito é seguir en Twitter a @deportado4443 .

sábado, 10 de xaneiro de 2015

De "O Cartafol de O. Phea": #8

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...


Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.