O tabaco pode causar unha grande variedades de cancros en moitos órganos do corpo. Tamén causa enfermidades respiratorias graves e das arterias que afectan ós membros, ó corazón e ó cerebro entre outras patoloxías.
Pero se nos limitamos a un só tipo de cancro, o causado polo radón, coñecido como carcinoma broncoxénico, "só" un ou dous de cada dez fumadores o padecerán ó longo da súa vida. Nembargantes, eses oito ou nove fumadores, que non desenrolarían cancro de pulmón, son máis sensibles ó efecto do radón, e é entre este grupo de persoas onde este gas causa máis cancros de pulmón.
Deste xeito, segundo un estudo realizado polo profesor Xoan Barros e outros investigadores da Universidade de Santiago, só entre 3 e 5 de cada 100 mortes por cancro de pulmón son causadas únicamente polo radón. Mentres que 22 de cada 100 son causadas pola combinación de radón e tabaco, e unha porcentaxe superior é causada só polo tabaco.
E ollo, que non estou dicindo que por cada 100 persoas expostas ó radón haxa de 3 a 5 cancros, porque este número é moito menor. Digo que de cada 100 mortes por cancro de pulmón só de 3 a 5 ocurren en non fumadores a causa do radón. Se a estas sumamos esas 22 de cada 100 que ocurren en fumadores expostos a radón, obtemos un 25% de mortes por cancro de pulmón "relacionadas" co radón.
De tal xeito que, se conseguiramos suprimir o radón completamente (que é moito suprimir), evitariamos como moito 1 da cada catro cancros de pulmón (o 25%). Pero se conseguisemos suprimir o tabaco completamente (que tamén é moito suprimir) evitariamos 9 de cada 10 cancros de pulmón (o 90%). É dicir, que o cancro de pulmón pasaría de ser a primeira causa de morte por cancro no mundo a ser unha enfermidade rara, como era a principios do século XX. Ademáis de evitar tódalos demáis cancros e outras enfermidades relacionadas co tabaco.
O único problama que teñen estas contas é que o tabaco que se vende hoxe en día é unha droga extremadamente adictiva e difícil de abandoar. Pero disto, e de como evitar o radón nas casas, falamos en vindeiras entradas neste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario