A Coruña |
domingo, 27 de abril de 2014
venres, 25 de abril de 2014
Radon e cancro de esófago?
Xa hai algún tempo que tivemos ocasión de conversar cos veciños de Dodro sobre a importancia do radon nas casas como causante do cancro de pulmón. Nesta conversa quedou ben manifesta a grande preocupación da nosa xente polo que consideran unha elevada incidencia do cancro na bisbarra. Neste senso, expresei dúas opinións.
En primeiro lugar, penso que este tipo de impresións non sempre son correctas. A realidade é que o cancro é unha enfermidade cada vez máis diagnosticada en todos os lugares. Eu non coñezo ningún estudo ben deseñado que permita afirmar, dun xeito científico, que en Dodro hai máis persoas con cancro que noutros concellos (isto non quere dicir que non exista).
Por outra banda, a evidencia científica da que dispuñamos ata o de agora só demostraba dun xeito razoablemente seguro a asociación entre radon e cancro de pulmón. Ou, dito doutro xeito, o radon só nos valería para explicar, a lo menos en parte, os cancros de pulmón. Pero non tódolos demais.
Pero este último punto ven de mudar un pouco (só un pouco). O Laboratorio de Radón de Galicia da Universidade de Compostela, situado no Hospital Clínico Universitario de Santiago, acaba de publicar un estudo realizado en Galicia no que por primeira vez se atopa unha asociación entre radon domiciliario e cancro de esófago. En concreto, atoparon unha maior mortalidade por cancro de esófago entre os varóns residentes nos concellos con concentracións máis elevadas de radon. Esta mesma asociación non se puido demostrar para as mulleres.
Sempre resulta moi agradabel ver investigacións galegas na vangarda científica internacional. Por outra banda, é moi interesante comprobar que os nosos científicos se ocupan dos nosos problemas, dos que nos afectan acotío. Porén, a investigación científica é unha carreira de fondo. Este interesante e novidoso achado non é máis que o primeiro paso dunha longa viaxe.
O artigo, publicado na revista International Journal of Radiation Biology, baséase nun estudo de tipo ecolóxico. Trátase dun tipo de estudos baratos e factibles, pero non exentos de inconvenientes. Son útiles para elaborar novas hipóteses para futuros traballos, pero non permiten establecer con certeza relacións de causalidade. Por exemplo, pode que este aumento do cancro de esófago non esté causado polo radon no ar, senon nas augas dos pozos. Ou por algún outro axente que, por calquera motivo, esté máis presente nos concellos que teñen máis radon. En último caso, podería ocurrir que novos estudos non lograsen reproducir estes resultados, poñendoos deste xeito en dúbida.
Como os propios autores, encabezados porlo Profesor Alberto Ruano, expresan nas conclusións do traballo, "os posibles efectos do radon domiciliario sobre o cancro de esófago deberían ser explorados mediante estudos epidemiolóxicos máis robustos, por exemplo,os de casos e controis". Estou seguro de que xa están a investigar neste senso e de que máis pronto que tarde nos amosarán novas conclusións. O seu traballo é intelectualmente estimulante e, por riba de todo, útil para mellorar a nosa saúde e evitar mortes prematuras. Xa que logo, parabéns e moitas grazas por esta nova publicación.

mércores, 23 de abril de 2014
Ligoteca
Ligoteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela |
Un libro, unha aventura.
23 de abril, Día Internacional do Libro.
martes, 15 de abril de 2014
luns, 14 de abril de 2014
xoves, 10 de abril de 2014
luns, 7 de abril de 2014
venres, 4 de abril de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)