domingo, 31 de xaneiro de 2016

xoves, 14 de xaneiro de 2016

Roteiro da Cántara da Moura

Un relaxado paseo por unha fermosa paraxe nevada ate a interesante formación xeolóxica da Cántara da Moura, no Concello de A Veiga (Ourense). Pódese ver e descargar o percorrido para GPS nesta ligazón.  





Un roteiro apto para toda a familia.

domingo, 10 de xaneiro de 2016

Mes da acción contra o radon

Xaneiro é, nos Estado Unidos de América, o mes da acción contra o radon. Alí son moi conscientes de que o radon é a primeira casua de morte por cancro de pulmón entre os non fumadores, unhas 21.000 mortes anuais neste país. De feito, a Axencia de Protección Ambiental americana e o U.S Surgeon General aconsellan a tódolos cidadáns que protexan a súa saúde medindo os niveis da radon nos seus fogares, escolas e outros edificios.



Desafotunadamente as nosas autoridades nos se amosan tan involucradas no problema. Poren, as autoridades norteamericanas aconsellan, ademáis de medir os niveis de radon, axudar a difundir a información sobre este tema. Por iso, durante o que queda do mes de xaneiro, vou partillar periódicamente nas redes sociais algunhas das entradas que nesta bitácora tratan o problema do gas radon domiciliario no noso entorno máis próximo. Pódese acceder a todas elas mediante a etiqueta radon, na parte dereita da páxina.


sábado, 9 de xaneiro de 2016

De "O Cartafol de O.Phea": #15

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...




Si... Todo o que lle pasou O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.