mércores, 25 de decembro de 2019

mércores, 9 de outubro de 2019

Señor Xosé


O Señor Xosé feliz na súa dorniña (a Lara Doce) tras rematar a regata de marisco ós seus 85 anos.

venres, 30 de agosto de 2019

As dornas en Dodro


O vindeiro xoves ás 20:00h fondeamos as dornas na casa do Concello Rosaliano de Dodro. Alí vos agardamos!

venres, 26 de xullo de 2019

Chiruca


Chiruca, da Guarda. Chiruca foi armadora co seu home ata que este morreu prematuramente, con corenta e poucos anos. Despois, nesta adversidade, criou catro fillos, foi redeira, peixeira... Coma Chiruca, Galiza ten un pasado cheo de dificultades, pero tamén de dignidade. E un futuro cheo de incerteza, coma todos nós. Pero Chiruca non deixa que as vicisitudes da vida lle rouben o sorriso e mais o optimismo. Segue traballando e ensinando o seu oficio de redeira ós máis novos porque Chiruca sabe que só hai un xeito de construir o futuro: educando. Formando unha mocidade libre, solidaria e de pensamento crítico que tome o leme do país e o conduza con xenerosidade. Non sexamos tristes: sexamos coma Chiruca

luns, 22 de xullo de 2019

martes, 16 de xullo de 2019

Carme


Procesión do Carme da Arousa. A data non se rexe polo calendario litúrxico senón polo calendario das mareas. 

luns, 15 de xullo de 2019

Encontro 2019

Rematou o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2019 na Guarda.

De hoxe en dous anos!




sábado, 27 de abril de 2019

sábado, 6 de abril de 2019

Rexurdimento


Leiro (Rianxo) este serán, na área afectada polo #iflaíñododro . Con ou sen nós, a natureza abre paso. 

domingo, 24 de febreiro de 2019

martes, 19 de febreiro de 2019

Caldo de groria

Portada da partitura da obra Caldo de groria


Non se pode perder, este vindeiro sábado 23 de febreiro á una da tarde na Casa de Rosalía, a estrea absoluta da peza musical Caldo de groria, de Loliña Mosquera Souto, arranxada polo mestre Braulio Cao Ledo para coro e banda. Trátase dunha versión musicada do poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", que será interpretado por primeira vez, non podía ser doutro xeito, pola Banda de Música de Padrón e a Coral Polifónica Padronesa.


Loliña Mosquera, compositora da partitura




Braulio Cao dirixindo a Banda de Música de Padrón


Loliña Mosquera, primeira galardoada coa Rosa de Galicia pola Fundación Rosalía, é filla de Xosé Mosquera Pérez, coñecido como O Vello dos Contos e principal impulsor "intelectual" da adquisición da casa da Matanza para transformala nun símbolo da cultura galega, alá polo 1946. Foi a propia Loliña quen fixo chegar a súa partitura manuscrita ó director da banda de Padrón, Braulio Cao, co encargo de que ofrecera a melodía a todos os padroneses. Despois dun intenso traballo, Braulio Cao desenvolveu e adaptou esta partitura, pero tamén a simplificou nalgúns aspectos, pois o seu arranxo foi concebido dende a orixe para ser cantado polo pobo de Padrón e por todos os galegos. Tal foi a encarga que recibiu da súa autora.

O resto, se o programa se cumpre, será historia dende este vindeiro sábado grazas tamén ó entusiasmo e implicación amosados dende o comenzo por Anxo Angueira e a Fundación que patronea. Hai que estar.


A Coral Polifónica Padronesa e a Banda de Música de Padrón 
nunha actuación anterior na Praza de Macías 

luns, 18 de febreiro de 2019

Samede


Entroido tradicional de Samede, parroquia de San Xulián de Vigo no Concello de Paderne (A Coruña)

venres, 11 de xaneiro de 2019

venres, 4 de xaneiro de 2019