Está traballando no campo da física para estudiar a relación entre a as notas musicais e os elementos da táboa periódica. Fala fluidamente cinco idiomas, le grego clásico, latín e hebreo e estalle entrando ó mandarín.
Creo que a idea pode funcionar porque ten o punto forte do realismo. O problema vai estar en conseguir os dereitos porque o paisano este xa existe e chámase Tzimon Barto. Aquí teñen unha entrevista. Eu vino unha vez en directo e nunha coda pensei que partía un Steinway novo do trinque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario