sábado, 15 de decembro de 2012

Carlos L. Valcarcel Gay



Carlos Valcárcel é un fotógrafo lucense ó que coñezo só pola súa personalidade na web: blog, facebook, fotocommunity, etc.

É un rapaz de 82 anos que domina á perfección o mundo dixital. Pero o motivo polo que o traio aquí, a inaugurar esta sección de fotógrafos, son as súas "imaxes do século pasado". Porque me encantan e porque sinto unha especial admiración por estes auténticos sabios do cuarto escuro. Porque é o tipo de fotógrafo que me gustaría ser e non puiden por non ter nacido a tempo (entre outras cousas). Nos seguintes enlaces podedes gozar das súas imaxes do século pasado e tamén das deste século.

http://carlosvalcarcel.blogspot.com.es/
http://www.fotocommunity.es/fotografo/carlos-valcarcel/1275640
http://www.galegos.info/carlos-l-valcarcel-gay


Ningún comentario:

Publicar un comentario