venres, 22 de febreiro de 2013

O Doutófono: interpretando en sitios raros.

Mimi Stillman é unha das flautistas de concerto máis importantes do momento. Mimi ten un proxecto denominado Syrinx Journey que consiste en homenaxear a Claude Debussy no seu 150 aniversario publicando un rexistro en vídeo cada día, durante un ano, da interpretación de súa obra Syrinx para frauta solista en diversas localizacións. Este proxecto levouna a tocar a frauta en lugares tan raros coma o departamento de libros raros da Biblioteca Independente de Philadelphia.





Nembargantes, no de tocar en sitios raros, teno complicado para competir con Cady Coleman (@Astro_Cady), na cúpula da ISS




Incluso fai duetos:



Cady non foi a primeira flautista orbital. A primeira muller hispana en viaxar ó espacio, Ellen Ochoa, frautista clásica ademáis de astronauta, fíxoo antes.




Aquí a teñen:

Ellen Ochoa plays the flute in space shuttle Discovery's aft flight deck in April 1993. Pic: NASA

(en foto).

E tampouco son as últimas en facer músico no espacio. Chris Hadfiel (@Cmdr_Hadfield), primeiro canadiense en comandar a ISS leva tocando a guitarra en órbita dende 1995, na Mir, 






e agora na ISS.


Ningún comentario:

Publicar un comentario