luns, 25 de febreiro de 2013

Alborada para Rosalía (Post hoc)

Aquí traio unhas imaxes do acto institucional que mencionei na anterior entrada deste blog. Un acto, o organizado pola Fundación Rosalía de Castro, solemne ó tempo que cálido, inda que se pasara moito frío.









En canto á polémica que alí rebuliu, a respecto do secuestro da tumba de Rosalía, eu non teño nada que dicir, pero a poeta en Follas Novas seica ten tal:

A ninguén digas onde estou... con frores

das que eu quería, a delatora mancha

crube... e que nunca co meu corpo acerten

profanas mans para levarme lexos...

¡Quero quedar onde os meus dores foron!


A tal mancha seica estaba en Adina, non si?




Ningún comentario:

Publicar un comentario