Este ano, o Día Mundial do Cancro céntrase no 5º obxectivo da Declaración Mundial do Cancro: disipar os mitos e erros daniños arredor do cancro, baixo o lema Cancro, sabíalo?
A Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC) pídenos a nosa colaboración para rematar con estes catro mitos. Alá vai o meu gran de area.
Mito #1: o cancro só é unha cuestión de saúde
Realidade: o cancro no é só unha cuestión de saúde. Ten grandes implicacións sociais, económicas, de desenvolvemento e dereitos humanos.
Feito: o cancro constitúe o maior desafío para o desenvolvemento, minando os avances socioeconómicos en todo o mundo.
Mito #2: o cancro é unha enfermidade de paises ricos, envellecidos e desenvolvidos.
Realidade: o cancro non discrimina. É unha epidemia global, afecta a tódalas idades, somentendo ós paises con ingresos medios e baixos a unha carga desproporcionada
Feito: o cancro é un problema global en e estase a convertir en un problema de saúde pública crecente nos países en vías de desenvolvemento.
Mito #3: o cancro é unha sentencia de morte
Realidade: moitos cancros que no seu día foran considerados unha sentenza de morte agora pódense curar e moitas máis persoas poden beneficiarse dun tratamento efectivo para o seu cancro.
Feito: os avances en comprender o risco e a prevención, detección precoz e tratamento teñen revolucionado a atención dos doentes con cancro conducindo a resultados mellores para os doentes.
Mito #4: o cancro é o meu destino
Realidade: coas estratexias axeitadas, máis de un de cada tres cancros podense previr.
Feito: a prevención é o xeito máis coste-efectivo e sostible de reducir a epidemia global de cancro ó longo plazo.
Colabore coa Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC):
- Partille esta información
- Tuitee coas etiquetas #worldcancerday e #diamundialdocancro
- Visite facebook.com/worldcancerday
- Visite www.worldcancerday.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario