Para estes casos nos que as concentración de radon detectadas son máis altas, o Laboratorio de Radón de Galicia tamén ofrece o servizo de estudo da vivenda e elaboración dun informe pormenorizado no que se describen as medidas concretas que podemos empregar na nosa casa para reducilas. O custo mínimo deste informe é de 300€ máis IVE, e pode precisar a consulta dun arquitecto. O prezo incrementarase segundo a complexidade do proxecto. En calquera caso, podemos solicitar máis información no Laboratorio de Radon de Galicia, no Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
As medidas poden ser practicadas, na maioría dos casos, por calquera empresa de construcción e son moi variadas. Una medida básica é o peche de fendas nos cimentos do edificio, así coma de outras aberturas como o paso de tubaxes a pozos e fosas sépticas. Tamén o illamento de paredes que estén en contacto co terreo mediante polietilenos e poliuretanos axeitados. Existen tamén tecidos específicos coma Radonstop. Na maioría dos casos, as reformas son mínimas e relativamente baratas.
Outro grupo de solucións son as medidas de extracción mecánica. Consiste na introducción de tubos coma os de desaugadoiro a través de perforacións por debaixo da casa. A súa instalación non representa grandes cambios na estructura do edificio e tampouco implica un custo excesivamente elevado. O forxado sanitario, naquelas casas que o dispoñen, pode facilitar estas tarefas. Estas tubaxes adoitan ir conectadas a un ventilador específico que forza a saida do aire e o radon do subsolo. Os ventiladores poden mercarse en Amazon a partir de 120$ e son moi populares en EEUU, onde resulta moi habitual o emprego de medidas de mitigación do gas radon nos fogares.
Ventilador para extracción de radon. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario