xoves, 31 de xaneiro de 2013

Onde máis podo solicitar a medición do radon da miña casa?

Ademáis das empresas privadas de radioprotección, xa mencionadas, e do Laboratorio de Radon de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela dispón doutro laboratorio que ofrece un servizo comercial de medición de gas radon. Tratase do Laboratorio de Análise de Radiacións do Grupo Experimental de Núcleos e Partículas do Departamento de Física de Partículas da Facultade de Física da USC.

Este laboratorio presta distintos servicios de medición de radiación en augas e tamén de medición de radon en aire ambiental. Neste último caso ofrecen tres modelidades de medición:


Caixas de carbón activo. 55 € unha caixa, 85 € por dúas caixas (para medir dúas habitacións da casa), IVE incluído e gastos de envío, pero non gastos de reenvío. Deben permanecer na casa durante 48h. Pódese descargar un vídeo explicativo aquí.

Caixa de cabón activado



Detectores de trazas. Mínimo de tres meses de exposición no domicilio. Pódese descargar un vídeo explicativo aquí.

Detector de trazas

Medición da concentración do radon en contínuo.

Detector de radon AlphaGuard

As tarifas completas deste laboratorio pódense descargar aquí. 

Igual que no caso do Laboratorio de Radón de Galicia, a medición pódese solicitar en persoa, por teléfono, ou correo electrónico. O laboratorio atópase físicamente ubicado no edificio Monte da Condesa no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Os teléfonos son: 881 813 634 e 881 813 635. FAX: 881 813 640.  Correo electrónico:  lar@usc.es. 

O sistema de carbón activado é o equivalente por prezo ó sistema integrado ofrecido polo Laboratorio de Radón de Galicia. Presenta a vantaxe de ser máis rápido, pois só ten que estar na habítación que queremos estudar durante 48 horas e a lectura tarda uns 5 días. Pero isto pode ser un inconveniente posto que, como se dixo previamente, no caso do radon convén ter lecturas integradas durante un período máis prolongado para obter unha medida máis aproximada da exposición real que as persoas van sufrir ó longo dos anos.

En todo caso, é evidente que dende 55 € IVE incluído podemos empezar a obter datos sobre a concentración de radón no noso fogar. 

No vindeiro artigo neste blog falaremos de qué facer se estas medicións resultan elevadas.

3 comentarios:

  1. Matizo tu comentario. No hay técnicas mejores ni peores. Simplemente han sido diseñadas con fines distintos.

    Las cajas de carbón activo dan un resultado rápido y preciso, informando si hay un problema de acumulación de radón, su magnitud y extension. Resultan muy adecuadas cuando el interes es eliminar/reducir la presencia de radón en interiores, guiando cuales son las acciones de remedio mas eficientes.

    Los detectores de trazas, dan una medida promediada al menos durante 3 meses. Son por lo tanto mucho mas interesantes para evaluar dosis recibidas, pero no de cara a eliminar la acumulacion de radón en interiores.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polo comentario. Estou completamente de acordo contigo. Non son experto en radiación. Ó tentar trasladar a unha linguaxe coloquial a información, probablemente non teña sido todo o correcto que desexaría. En todo caso, agradécese moito a colaboración dun experto neste blog que, por outra banda, está ó voso dispor para todo o que desexedes expresar nel. Un saúdo.

      Eliminar
    2. No, muchas gracias a ti por divulgar este tema y hacerlo
      además muy bien.

      Eliminar