luns, 28 de decembro de 2015

Guindastres


 Guindastres repousan no peirao de Rianxo, recortados contra o solpor da serra do Barbanza.

mércores, 23 de decembro de 2015

venres, 18 de decembro de 2015

Eusebio Lorenzo Baleirón




Hai un ano que publicaba, tamén nesta bitácora, a foto que precede. Nela podemos ver a Eusebio, Anxo, Rogelio, Manolo, Pepe, Manolo o de Sar... Uns rapaces de Laíño nun xantar.  A importancia da imaxe reside en que tres deles estaban chamados a se convertir en auténticos referentes da nosa literatura.

Nós pensabamos que tiñamos a imaxe perfectamente datada. Porén, nos petiscos que o Concello de Dodro ofreceu despois da entrega do XXVII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón xurdiron as primeiras dubidas e a polémica mesmo se prolongou algún día nas redes sociais. A opinión máis numerosa sostiña que era unha foto correspondente á voda de Lito da Pintora.

Nos días que seguiron iniciamos as pescudas. Foi bastante frustrante comprobar que a casete de VHS en que tiñamos que atopar a resposta estaba sobreescrita cun partido de fútbol. Pero seguimos adiante e, coa colaboración dos contraentes, atopamos unha bobina de Super 8 correspondente a unha voda.

A fita era de duración moi curta e estaba en bastante mal estado. A secuencia crucial duraba apenas uns segundos. Mais, unha vez dixitalizada, falou sen deixar lugar a dúbidas: a imaxe corresponde á voda de Paco da Romera, que se celebrou en Rianxo o 2 de setembro de 1978. Tería polo tanto Eusebio 16 anos naquel intre.

Déixovos a seguir algunhas imaxes das que puidemos extraer da fita. Son imaxes sen banda sonora, imaxes do silencio, coma a Gramática do silencio que nos deu Eusebio.





martes, 8 de decembro de 2015

leCRAs no Culturgal 2015 (Feat. Bolechas)

Unha representación de delgación do club de lectura leCRAs na pasada edición da feira Culturgal de 2015

luns, 30 de novembro de 2015

venres, 27 de novembro de 2015

Xosé Neira Vilas

De esquerda a dereita Eduardo Rivo, Celia Recarey, Xosé Neira Vilas, Suso Xiráldez, Anisia Miranda e un obreiro reconvertido en iluminador cuxo nome non acado a lembrar.  FOTO: X.A. Caneda


Esta imaxe foi tomada na casa de Gres no outono de 1992. Desprazámonos a Vila de Cruces despois de manter unha conversa inesquecibel nunha sala do Instituto Galego de Información, a carón de onde Díaz Pardo (que tivo a amabilidade de saudar ós visitantes) traballaba no seu. 

En verdade a Pepe e Anisia prestaballes o tempo que pasaban coa xente moza. Víase ben. E claro, a nós aínda nos prestaba máis. Na foto estamos a visitar as obras de restauración da súa casa en Gres. Anisia amosábase entusiasmada porque xa colocaran a madeira nova no teito debaixo do que nacera Neira Vilas hai agora 87 anos: "gústame así sen vernizar". Tratábase dunha vivenda labrega con lareira, corte no andar terreño e xanela pola que noutrora entrou a terra ullá de Balbino e a paisaxe social e moral da Galicia rural.  Rematadas as obras que a transformaron na Fundación Xosé Neira Vilas, esa mesma paisaxe sae agora para o mundo enteiro nos máis de 600.000 exemplares vendidos de Memorias dun neno labrego e no resto da súa obra.

Na introdución da entrevista que, baseada naquela conversa, se publicou na revista Leliadoura en decembro de 1992 pódense ler as verbas "Tarde de outubro na que quere chover". Porén, na dedicatoria que da súa novela me fixo Don Xosé Neira Vilas reza: "...nunha fermosa tarde de outono Santiagués". 

Neira Vilas é inmortal.

venres, 20 de novembro de 2015

De "O Cartafol de O.Phea": ·14

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...


Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.

domingo, 15 de novembro de 2015

xoves, 12 de novembro de 2015

VII curso de actualización SECT 2015

Hoxe e mañá celébrase no Hospital Universitario Clínico de San Carlos de Madrid o VII curso de actualización da Sociedade Española de Cirurxía Torácica, que este ano versará sobre patoloxía da vía aérea. Pódese descargar o programa completo en PDF aquí.



Dende o servizo de cirurxía torácica do Hospital Clínico de Santiago participamos cunha revisión das neoplasias da vía aérea que se presentará hoxe na mesa II, moderada polos Drs. Leon Atance e Hoyos Mejías. Poden descargar aquí as diapositivas en PDF correspondentes a esta ponencia.

mércores, 11 de novembro de 2015

martes, 3 de novembro de 2015

mércores, 28 de outubro de 2015

De "O Cartafol de O.Phea" #13

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...


Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.


mércores, 14 de outubro de 2015

luns, 12 de outubro de 2015

De "O Cartafol de O.Phea" #12

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...


Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiñ

domingo, 11 de outubro de 2015

Entre os millos corre soa

Homenaxe da xente do mar a Rosalía de Castro

Trátase dunha remontada fluvial en dornas a vela polos ríos Ulla e Sar, dende a praia de Vilarrello (Concello de Valga) e as brañas de Laíño ata o Espolón de Padrón, onde se celebra un acto de homenaxe ante a estatua de Rosalía de Castro.

Neste vídeo pódese ver en alta definición o percorrido completo da navegación.


Que inchadiña branca vela é unha iniciativa da Fundación Rosalía de Castro e a Escola de Navegación Tradicional Dorna da Arousa.

Trátase dun acto amplamente cuberto polos medios de comunicación pero neste vídeo inclúese, nunha soa secuencia e en alta definición, o percorrido completo da navegación que se pode ver aquí.

Gravado en Full-HD cunha cámara Go-Pro Hero 4 dende a proa da dorna Mimela. Suprimiuse a banda sonora ata o mínimo imprescindible, así que 

Escolla a súa banda sonora e prepárese a gozar de máis dunha hora de navegación fluvial a vela.




xoves, 1 de outubro de 2015

De "O Cartafol de O.Phea": #11

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...


Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.

martes, 29 de setembro de 2015

San Miguel


Imaxe de San Miguel Arcanxo na abadía de Le Mont Saint-Michel (Baixa Normandía-Francia).

xoves, 24 de setembro de 2015

Roteiro da Mercé

Hoxe é o día da Mercé, romaría en Bandín, unha aldea duns 18 habitantes na parroquia de Carcacía (Padrón-A coruña). Por iso é un dos mellores días para facer este roteiro.

Trátase dun percorrido en bicicleta sinxelo, de pouco máis de trinta quilómetros, pero con algunha  pendente que o desaconsella para os máis pequenos. Podedes descargar o track para GPS do traxecto de ida aquí. E para o de volta, un pouco diferente, aquí


Inda que case todo se fai sobre asfalto, no tramo de ida inclúese algún camiño só apropiado para bici de montaña. En todo caso pódese completar totalmente por estrada cunha pequena modificación. Outra opción é percorrelo a pé, como era tradición en Terra de Íria no día da festa.

Partimos unha vez máis do Souto de Manselle e baixamos cara a Braña ata atopar o mar, o Ulla derradeiro que remontaremos ata A Ponte. Alí cruzamos o río cara a Requeixo e despois, por Cortiñas e Morono, chegaremos ó Lapido, forca que o Ulla labra onde se xuntan os montes Meda e Castro Valente. Do seu fondo chega o boureo das augas brancas a escacharen contra as penedas. Augas que noutrora desafiabamos coas nosas piraguas de augas bravas.



Dende aquí xa pouco nos falta para enxergar, a media ladeira, a espadana da igrexa barroca do século XIII da Nosa Señora da Mercé de Bandín. Debaixo dela deita auga sandadora, por cano de pedra, a fonte da Santa. É auga moi boa. Por iso unha muller enche nela unhas garrafas, que "eles ter teñen na casa auga canta queren".




Para regresar podemos baixar ata Herbón, ver o comenzo da canle de regadío da marxe esquerda do Ulla e os muíños que hai no lugar da Barca. Aquí, antes de haber ponte, os veciños de Morono despedían pé do río ós defuntos que cruzaban na barca para se iren soterrar no cemiterio parroquial de Santa María de Herbón, dado que só o crego e algún achegado collían co cadaleito máis co barqueiro na barca. De tal xeito que xa un non sabía se a barca ía cara Herbón ou cara Avalón.


venres, 11 de setembro de 2015

De "O Cartafol de O.Phea": #10



Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...




Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.

domingo, 30 de agosto de 2015

domingo, 23 de agosto de 2015

Ás ondas

Un surfeiro enxerga as ondas na praia de Valdoviño

A costa de Ferroterra é a meca do surf en Galiza. Nela celébranse probas internacionais como a "Pantin Classic Galicia Pro" ou a European Junior Surfing Championships Doniños”.

sábado, 22 de agosto de 2015

sábado, 15 de agosto de 2015

mércores, 5 de agosto de 2015

luns, 3 de agosto de 2015

Peixe



"Ninguén lle negou o creto de bo patrón e de bo cristiano que tiña; mais ás veces parecía ter tratos co demo. Habían de larga-lo aparello outros mariñeiros e non habían de coller ren; chegaba o “Rifante” e collía unha fartura de peixe." 
A.D.R. Castelao. Cousas.


domingo, 2 de agosto de 2015

Vikingos

Parella caracterizada durante a romaría vikinga de Catoira  do ano 2014
Os vikingos son, segundo a hipótese de Staffan Mörling, os devanceiros dos actuais dorneiros. 

luns, 22 de xuño de 2015

Músicos irienses

Grandes músicos ten dado Terra de Iria dende os tempos de Macías o Namorado (e antes tamén). Aquí traio un exemplo de hoxe en día: os pícaros da Escola de Música Municipal de Padrón, dirixidos por Braulio Cao Ledo.




Da xenio velos!

xoves, 4 de xuño de 2015

Corpus Christi


Procesión de Corpus Chisti na parroquia rianxeira de Santa María de Asados. A procesión celébrase no domingo seguinte ó xoves da devandita festividade.

venres, 29 de maio de 2015