martes, 24 de decembro de 2013

luns, 16 de decembro de 2013

Luthiers

Xa falamos de "el sistema" nunha entrada deste blog sobre Gustavo Dudamel. Ésta é outra iniciativa moito máis modesta pero tamén moito máis sorprendente: the Landfill Harmonic.




Sen dúbida, estes instrumentos non teñen a calidade, o prezo nin o prestixio internacional dos que constrúe o noso veciño Gonzalo Bayolo na Freguesía padronesa de Carcacía. Pero o seu valor é incalculable. Son una lección para todos nós.

domingo, 8 de decembro de 2013

LeCRAs no Culturgal.


A delegación de leCRAs á súa chegada ó encontro "Xestionar a lectura" organizado por Espazo Lectura na pasada feira Culturgal. #Nivelón #Quendixomedo?

luns, 2 de decembro de 2013

mércores, 27 de novembro de 2013

A noite


Pulpería Mambís na Carballeira de Francos durante a Feira do San Martíño.

O día


Pulpería Potel na Carballeira de Santa Susana de Compostela durante a Feira da Ascensión.

Padrón, vila mariñeira


As dornas da ACD Dorna da Arousa no Río Sar en Padrón durante a ofrenda á estatua de Rosalía organizada pola Fundación Rosalía  no Espolón de Padrón. Vintecatro de Santiago de 2013.

venres, 22 de novembro de 2013

Santa Icía

No día da patrona dos músicos, do ano de Rosalía, déixovos este retrato dun sobranceiro músico galego, Pepe Ferreirós de Milladoiro, diante da Casa da Matanza.

Xosé Ferreirós

luns, 11 de novembro de 2013

Un tratante máis un chalán.

-E ti non ves, meu home, que neses cartos che estou a regalar a besta con tal de non a levar de volta para a casa.
-Vaille quitando...


Chalaneo hoxe, no San Martiño de Francos.

sábado, 9 de novembro de 2013

San Martiño de Francos


Feira do San Martiño. Cada 11 de novembro na Carballeira de Francos, Calo, Teo. Este ano non hai que perdela. Xa está o polbo a cocer, e dan bo tempo.

venres, 1 de novembro de 2013

Uxío: cantigas coma a area.

Uxío, grande patrón da Arousa. Pero tan bo é para unha singradura coma para un serán ou unha romería, pois ten cantigas coma a área.

Uxío patroneando a Nova Marina. Unha lancha xeiteira sen parangón nos sete mares.


xoves, 24 de outubro de 2013

Non se sabe quen é...


"O xardín ten unha fonte singular: contra da beira murada do norte pingan dunha bóveda en seixos pingueiras sobre o paraugas dun home de cimento, comesto de laicos liques, que non se sabe quen é."

A. Angueira. Pensa nao.

martes, 22 de outubro de 2013

Rosario das Antorchas

Cada ano, na medianoite do 7 ó 8 de setembro, congrégase unha multitude na explanada do Santuario da Nosa Señora dos Milagres (Baños de Molgas-Ourense) para celebrar o Rosario das Antorchas. Ó tempo, e durante toda a madrugada, centos de grupos de peregrinos a pé percorren na escuridade as estradiñas secundarias que converxen no lugar  para acodir a festa do día grande.





xoves, 10 de outubro de 2013

Ó leme...

Que non sabía eu que Parada tiña club de fans, que se non xa vos tiña publicado eu antes esta foto del ó leme da Pesa de Rabo.




mércores, 9 de outubro de 2013

Parada

Din os da Arousa que a pasada foi a Fin de Semana dos Parada. Así que para darlle os meus parabéns aquí vos deixo unha foto de Parada da Arousa, que foi o meu patrón na miña primeira "singradura" na Pesa de Rabo, unha dorna de tope ben mariñeira por certo. Saúde.


Parada na pasada ofrenda a Rosalía da ENT Dorna en Padrón.




PD.- Se iso xa llo comentades vós que el seica é un home des-comunicado.

venres, 4 de outubro de 2013

Noite de lúa en Manselle.


A de mañá é unha das noites máis sobranceiras do ano en Manselle. Están todos convidados a gozala. Máis info en www.festivalo.gl

luns, 30 de setembro de 2013

Rui Palha

Fotografía de rúa, en branco e negro, con Leica, en Lisboa. Que máis se pode pedir. Rui Palha. Este é o seu Flickr.



Que pracer!

xoves, 19 de setembro de 2013

A vida dura...

Un barco sae da Ría de Noia no serán para pasar a noite faenando no mar aberto. Tomada dende Monte Louro, coas estribacións do Barbanza e Cabo Corrubedo ó fondo.



mércores, 21 de agosto de 2013

Falemos de radon.





Este venres 23 de agosto, ás oito da tarde, os veciños de Dodro temos unha ocasión para xuntarnos e afondar nun tema que nos interesa: o radon domiciliario no noso Concello e a súa relación co cancro.

O coloquio será na paxareira e está organizado polo Colectivo Nacionalista por Dodro, a quen agradezo o convite, así coma o seu interese pola saúde dos veciños.

Déixolles aquí o cartel:



E lembren que teñen algunha información, así como enlaces de interés sobre o tema, neste mesmo blog empregando a etiqueta radon.

martes, 30 de xullo de 2013

Estraños días de verán...

...que parecen de inverno, nos que as dornas bogando se perden na brétema do Ulla derradeiro coma as almas no alén.


mércores, 17 de xullo de 2013