luns, 30 de novembro de 2015

venres, 27 de novembro de 2015

Xosé Neira Vilas

De esquerda a dereita Eduardo Rivo, Celia Recarey, Xosé Neira Vilas, Suso Xiráldez, Anisia Miranda e un obreiro reconvertido en iluminador cuxo nome non acado a lembrar.  FOTO: X.A. Caneda


Esta imaxe foi tomada na casa de Gres no outono de 1992. Desprazámonos a Vila de Cruces despois de manter unha conversa inesquecibel nunha sala do Instituto Galego de Información, a carón de onde Díaz Pardo (que tivo a amabilidade de saudar ós visitantes) traballaba no seu. 

En verdade a Pepe e Anisia prestaballes o tempo que pasaban coa xente moza. Víase ben. E claro, a nós aínda nos prestaba máis. Na foto estamos a visitar as obras de restauración da súa casa en Gres. Anisia amosábase entusiasmada porque xa colocaran a madeira nova no teito debaixo do que nacera Neira Vilas hai agora 87 anos: "gústame así sen vernizar". Tratábase dunha vivenda labrega con lareira, corte no andar terreño e xanela pola que noutrora entrou a terra ullá de Balbino e a paisaxe social e moral da Galicia rural.  Rematadas as obras que a transformaron na Fundación Xosé Neira Vilas, esa mesma paisaxe sae agora para o mundo enteiro nos máis de 600.000 exemplares vendidos de Memorias dun neno labrego e no resto da súa obra.

Na introdución da entrevista que, baseada naquela conversa, se publicou na revista Leliadoura en decembro de 1992 pódense ler as verbas "Tarde de outubro na que quere chover". Porén, na dedicatoria que da súa novela me fixo Don Xosé Neira Vilas reza: "...nunha fermosa tarde de outono Santiagués". 

Neira Vilas é inmortal.

venres, 20 de novembro de 2015

De "O Cartafol de O.Phea": ·14

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...


Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.

domingo, 15 de novembro de 2015

xoves, 12 de novembro de 2015

VII curso de actualización SECT 2015

Hoxe e mañá celébrase no Hospital Universitario Clínico de San Carlos de Madrid o VII curso de actualización da Sociedade Española de Cirurxía Torácica, que este ano versará sobre patoloxía da vía aérea. Pódese descargar o programa completo en PDF aquí.



Dende o servizo de cirurxía torácica do Hospital Clínico de Santiago participamos cunha revisión das neoplasias da vía aérea que se presentará hoxe na mesa II, moderada polos Drs. Leon Atance e Hoyos Mejías. Poden descargar aquí as diapositivas en PDF correspondentes a esta ponencia.

mércores, 11 de novembro de 2015

martes, 3 de novembro de 2015