mércores, 26 de decembro de 2018

Estevão


Caretos de Grijó, personaxes do Stº Estevão de Grijó de Parada. Unha das primeiras mascaradas do inverno que se celebran nesta localidade os días 26 e 27 de decmebro.

mércores, 7 de novembro de 2018

mércores, 31 de outubro de 2018

Caveira



Hoxe comeza a parte escura do ano. Dende o Samaín son francas as portas do alén, que seus habitantes cruzan amparados na noite perpetua. É entón tempo propicio para saldar en vida as débedas cos finados. Tamén de resistir contra a parrumeira, vivindo da despensa, do fumeiro e do sequeiro. E de preparar o entroido que empurre de novo cara o alén a tódalas súas criaturas antes de este se pechar, de xeito que as herdades queden libres de mal e vizosas cando a luz regrese. É unha historia de resiliencia.

sábado, 22 de setembro de 2018

Curota


Serra do Barbanza e monte A Curota vistos dende Rianxo. Nun plano anterior o galeón Rei do Mar, da ACD Dorna da Arousa.

domingo, 16 de setembro de 2018

Proel


Arrombando o foque do Illa de Cortegada, galeón da A.C.D. Rompetimóns de Carril

xoves, 13 de setembro de 2018

Rianxeira


Un mariñeiro de Rianxo agarda botándolle un pito para sacar en procesión á virxe de Guadalupe

martes, 14 de agosto de 2018

Kinemax


Pavillón de cristais de rocha, do arquitecto Denis Laming, sede de Le KineMAX. Futuroscope. Francia

domingo, 5 de agosto de 2018

venres, 25 de maio de 2018

martes, 22 de maio de 2018

Vintecinco


A Nova Marina, a mellor xeiteira que hoxe navega polo mundo, fai este ano vintecinco da súa construción. As táboas apodrecen, pero os barcos duran sempre.

xoves, 10 de maio de 2018

Parva


Feirantes toman a parva durante a feira da Ascensión. Cantina do mercado municipal de Amio. Compostela

mércores, 2 de maio de 2018

Gaztelubide


Coitelos na cociña da sociedade gastronómica Gaztelubide, a segunda máis antiga de Donostia.

sábado, 31 de marzo de 2018

#BMP na Casa do Patín

A exposición do meu proxecto #BMP regresa á casa polas festas. Dende esta Páscua e durante a primavera poderase visitar na Casa do Patín, xunto ó cruceiro de Fondo de Vila en Padrón.

Máis información sobre o proxecto no enderzo http://bmp.eduardorivo.com .

Tamén se poden mercar copias de autor desta serie na tenda en liña.



mércores, 7 de marzo de 2018

venres, 2 de marzo de 2018

domingo, 25 de febreiro de 2018

#BMP no Airas Nunes Café

A partir de agora e ata finais de marzo pódese visitar a exposición de miña serie fotográfica titulada #BMP no Airas Nunes Café de Compostela. Estades todos convidados a visitala.

Máis información e venda de copias na web http://bmp.eduardorivo.com