mércores, 25 de febreiro de 2015

De "O Cartafol de O. Phea": #9

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...



Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.

domingo, 22 de febreiro de 2015

Acariño galaico (De barro).




Un documental do ano 1961 que José Val del Omar adicou a Rafael Dieste, Arturo Baltar, Anric Massó, Domingo García-Sabell e os irmáns Lois Piñeiro. Forma parte do seu "Tríptico Elemental de España". www.valdelomar.com

domingo, 8 de febreiro de 2015

Corredoiro en Verín


Saída da misa do domingo corredoiro na igrexa da Mercé, Verín (Ourense).  Os cigarróns, formando un corredor, fan soar as súas chocas e azoutan ós fregueses.

mércores, 4 de febreiro de 2015

Día mundial do cancro 2015

O cancro é unha das principais causas de morte no noso entorno. Un de cada tres homes e unha de cada catro mulleres serán diagnosticados de cancro ó longo da súa vida, máis o 40% destes cancros poderían ser evitados.

Dende o ano 2000 o día 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro. Xa o temos falado co gaio dos días mundiais do cancro 2013 e 2014. A Unión Internacional Contra o Cancro lidera unha campaña mundial destinada a erradicar mitos e erros  sobre a enfermidade. Por iso fai un chamamento ó compromiso de autoridades e cidadáns para reducir o seu impacto mediante a prevención, a detección temperán e o acceso ós tratamentos e coidados máis axeitados.


Baixo o lema "Ó noso alcance", este ano quérense enfatizar catro ideas:

-Un estilo de vida saudábel
-A detección temperán
-O acceso ós tratamentos para tódolos doentes
-A calidade de vida







luns, 2 de febreiro de 2015

Candeloria 2015


Cando a Candeloria chora, o inverno vai fora. Cando a Candeloria ri, o inverno está por vir. Que chore que ría que cante, inverno atrás e adiante.

En todo caso, é certo que:
Polo San Brais teñen os días dúas horas máis.