sábado, 9 de outubro de 2021

Tragove

 


Frotiña de embarcacións tradicionais entrando no porto de Tragove (Cambados), hoxe durante a concentración de embarcacións Memorial Tito Silva.

venres, 27 de agosto de 2021

domingo, 1 de agosto de 2021

Frederikssund

 



Drakkars amarrados onda as torres de Oeste, Catoira. Hoxe, primeiro domingo de agosto, celébrase a Romaría Vikinga. 

domingo, 4 de xullo de 2021

xoves, 24 de xuño de 2021

Sementadoras

 


Mariscadoras da Arousa agardan pola cria de ameixa, extraída polas compañeiras na praia de Riasón, para sementala na praia das Salinas.

domingo, 11 de abril de 2021

Os ollos de María

 


...

e por colleita collo e teño,

se miro polo azul

-o mar!, o mar!-, os ollos,

unicamente os ollos

de María

Anxo Angueira


sábado, 13 de marzo de 2021

mércores, 17 de febreiro de 2021

domingo, 14 de febreiro de 2021

xoves, 4 de febreiro de 2021

domingo, 31 de xaneiro de 2021

sábado, 23 de xaneiro de 2021

martes, 19 de xaneiro de 2021

Moderna

Fortuna e privilexio 

 

Onte recibín a primeira dose da vacina para a Covid-19. Tocoume a de Moderna, concretamente. Non me virei máis moderno pero si, son un privilexiado. Coma todos os galegos, son un privilexiado por pertencer a ese 14% da poboación mundial que acapara máis da metade das doses de vacina dispoñibles. Son un privilexiado por ter nacido na parte boa do mundo, “protexida” por leis e tratados fronte ó resto da poboación mundial máis pobre. 

 

Como sanitario galego son afortunado porque poder ser inmunizado canto antes contra esta enfermidade é unha sorte. Pero non son un privilexiado, porque a anticipación da miña vacinación fronte á de outros galegos non se deriva dunha lei privada, dictada co obxectivo de favorecerme, senón dunha norma xeral desenvolvida para obter o máximo beneficio para todos cos recursos dispoñibles. O plan galego de vacinación, que está a funcionar ben,  prioridade ós sanitarios, non para protexernossenón para que poidamos seguir coidando da poboación e para evitar que transmitamos a enfermidade ós nosos doentes vulnerables. Como efecto colateral, e de xeito pouco habitual nesta pandemia, a nosa condición de sanitarios favorécenos neste caso. 


 agardo que esta campaña de vacinación siga co bo  co que empezou en Galicia e, daquí ó verán, a maioría dos galegos poidan ser tamén afortunados. Tamén agardo que os paises desenvolvidos cooperen na vacinación dos máis desfavorecidos e, deste xeito, os galegos sexamos cada vez menos privilexiadosDesta criseou saímos toda a humanidadeou non saímos. Afortunados si, privilexiados non. 



Músicos modernos