domingo, 24 de febreiro de 2019

martes, 19 de febreiro de 2019

Caldo de groria

Portada da partitura da obra Caldo de groria


Non se pode perder, este vindeiro sábado 23 de febreiro á una da tarde na Casa de Rosalía, a estrea absoluta da peza musical Caldo de groria, de Loliña Mosquera Souto, arranxada polo mestre Braulio Cao Ledo para coro e banda. Trátase dunha versión musicada do poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", que será interpretado por primeira vez, non podía ser doutro xeito, pola Banda de Música de Padrón e a Coral Polifónica Padronesa.


Loliña Mosquera, compositora da partitura




Braulio Cao dirixindo a Banda de Música de Padrón


Loliña Mosquera, primeira galardoada coa Rosa de Galicia pola Fundación Rosalía, é filla de Xosé Mosquera Pérez, coñecido como O Vello dos Contos e principal impulsor "intelectual" da adquisición da casa da Matanza para transformala nun símbolo da cultura galega, alá polo 1946. Foi a propia Loliña quen fixo chegar a súa partitura manuscrita ó director da banda de Padrón, Braulio Cao, co encargo de que ofrecera a melodía a todos os padroneses. Despois dun intenso traballo, Braulio Cao desenvolveu e adaptou esta partitura, pero tamén a simplificou nalgúns aspectos, pois o seu arranxo foi concebido dende a orixe para ser cantado polo pobo de Padrón e por todos os galegos. Tal foi a encarga que recibiu da súa autora.

O resto, se o programa se cumpre, será historia dende este vindeiro sábado grazas tamén ó entusiasmo e implicación amosados dende o comenzo por Anxo Angueira e a Fundación que patronea. Hai que estar.


A Coral Polifónica Padronesa e a Banda de Música de Padrón 
nunha actuación anterior na Praza de Macías 

luns, 18 de febreiro de 2019

Samede


Entroido tradicional de Samede, parroquia de San Xulián de Vigo no Concello de Paderne (A Coruña)