Francisco Boix, coas súas Leicas, botou luz sobre a barbarie nazi. Ver este documental é un bo xeito de manter a luz acesa neste 70 aniversario de liberación dos campos de exterminio. Outro xeito é seguir en Twitter a @deportado4443 .
Ansola é un cántabro afincado en Vilaeimil (A Pontenova, Lugo), e ten retratado coma ninguén esas terras estremeiras. Parte deste traballo valeulle o recoñecemento como Hasselblad Master 2012, un galardón ó que se presentaron 1500 fotógrafos nas súa categoría nese ano.
Grazas a Pablo Quintana , da Editorial Canela, dous retratos que eu fixera en Cacabelos ós gaiteiros Nela de Bres e Firme de Batribán incorporáronse a un libro de Vicente Ansola: Manuel Enriquez Fernández. Nela de Bres. Para un afeccionado á fotografía coma min, foi unha grande honra compartir páxinas con todo un Hasselblad Master. Outro día terei ocasión de escribir sobre Nela e Firme, e tamén sobre ese libro da Editorial Canela que se pode mercar nas librerías distribuido polo Consorcio Editorial Galego.
Annie Leibovitz acaba de recibir o Principe de Asturias de Comunicación e Humanidades o cal, se lle facemos caso a Fernando Arrabal, non é moi bo agoiro. En todo caso, aquí quedan un par de vídeos sobre esta fotógrafa. Lembro que as súas imaxes no semanal de El Pais eran agardadas cada fin de semana nun tempo en que non había internet.