domingo, 27 de xaneiro de 2013

Como mido a concentración de radon na miña casa?

Dende o punto de vista técnico, a medición do radon domiciliario ten certa complicación porque as concentracións dependen de moitas variables coma o solo, a construcción da vivenda, as distintas estancias dentro da mesma, os cambios climatolóxicos, a estación do ano, os hábitos da xente que vive nela... Interésanos obter un promedio que nos informe do grado de exposición que, a longo plazo, van a sufrir os habitantes da casa.  Existen empresas de radioprotección que se adican a prestar estes servizos.

Pero dende o punto de vista práctico, é moi sinxelo. Só hai que solicitalo ó Laboratorio de Radón de Galicia por téfono (981 955 094/600 942 434), correo electrónico (laboratorioradon.galicia@usc.es), cubrindo a ficha na páxina web ou acudindo ó laboratorio no Servicio de Medicina Preventiva, na planta baixa de Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

O máis económico e práctico é solicitar a medición integrada mediante detectores pasivos tipo Radosys(c) (un dos máis fiables do meracado), inda que no propio laboratorio poden asesorarnos. Unha vez solicitado, recibiremos por correo o detector. Aconséllase colocar polo menos dous, para detectar a varabilidade dentro da casa, nos cuartos onde pasemmos máis horas. Por exemplo, dormitorio e sala de estar. Se hai nenos na casa sería conveniente situar un no cuarto dos nenos. Dous detectores para controlar sendas pezas da vivenda custan 80€ máis IVE, gastos de envío e reenvío incluidos.  

Os detectores son pequenos botes negros de plástico, semellantes a aqueles nos que viñan os carretes de fotos. Hai que colocalos no cuarto segundo unha folla de instrucción adxunta, e deixalos nel durante tres meses. Deste xeito obtemos unha medición integrada, é dicir, unha ponderación das concentracións de radón que hai na habitación ó longo dos tres meses, que é unha medida moito máis útil que unha medición puntual nun momento concreto. No laboratorio farán ademáis as correccións necesarias en función da estación do ano na que nos atopamos.

Folla de instruccións para colocar o detector de  radon.


Pasados os tres meses só temos que introducir os detectores no sobre acolchado e franqueado incluido no envío e mandalos ó laboratorio por correo. Lembren gardar as bolsas dos detectores para este intre. Se non as conservaron terán que envolvelo en a lo menos dúas ou tres capas de papel de aluminio. Antes dun mes chegaranos, tamén por correo, o resultado das medicións.

No caso de que as medicións sexan altas, no propio laboratorio poden informarnos dos pasos a seguir. Os servicios de Laboratorio de Radón de Galicia inclúen medidas máis pormenorizadas e informes de intervención para reducir o radón.

Con só unha chamada de teléfono e un pouco de paciencia (3-4 meses) podemos obter una medición fiable das concentracións medias de gas radón na nosa casa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario