Amosando publicacións coa etiqueta Traumatismos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Traumatismos. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de febreiro de 2016

Tema 40.- Traumatismos torácicos. Corpos extraños intrabronquiais. 2016

O dos traumatismos torácicos é un tema relevante da asignatura pola súa importancia clínico-asistencial. Por este motivo, a clase expositiva complementarase cun seminario no que analizaremos un caso clínico. Durante o seminario visionaremos este vídeo sobre a técnica da drenaxe torácica.

É tamén un tema transeversal, pois son moitas as especialidades, tanto médicas como cirúrxicas, que se ven implicadas nalgunha fase do proceso asistencial ó doente traumatizado torácico.

Durante a aula expositiva tentaremos situar os traumatismos torácicos no contexto da asistencia integral ó doente politraumatizado. É aconsellable familiarizarse coa terminoloxía e os métodos de soporte vital avanzado en trauma mediante a lectura previa das diapositivas que empregaremos e que poden descargarse premendo nesta ligazón.

Como material complementario aconsello ver esta outra entrada do blog que nos axudará a comprender mellor a fisiopatoloxía do tórax inestabel. 

Respecto ós corpos estraños endobronquiais pode resultar util revisar estas dúas entradas do blog toracica.org sobre fibrobroncoscopia e sobre broncoscopia ríxida, que son as técnicas máis empregadas no seu diagnóstico e tratamento.




Horarios:

Os horarios das aulas de traumatismos torácicos son os seguintes:

Grupo A: martes 23 de febreiro ás 18.30h

Grupo B: Martes 10 de maio ás 18.30h

Grupo C: martes 23 de febreiro á 15.30h

domingo, 1 de marzo de 2015

Tórax inestábel

O Tratado de traumatismos torácicos da SECT (Sociedade Española de Cirurxía Torácica) define o tórax inestábel, volet costal ou flail chest como unha alteración da dinámica da caixa torácica debida á existencia de dous ou máis focos de fraztura en varios arcos costais contiguos e/ou no esternón que se acompañan dunha perda de continuidade e consistencia da parede torácica coa perturabación dos movementos respiratorios normais e a aparición da respiración paradoxal.

Polo tanto, o tórax inestábel ocorre cando existen a lo menos tres costelas consecutivas que están fracturadas polo menos en dous puntos diferentes cada unha, ou fracturas que implican a separación do esternón e a articulación condrocostal. Estas fracturas causan un movemento paradoxal do segmento inestabel que oscilará de xeito inverso ó resto do tórax. No seguinte vídeo pódese observar este movemento paradoxal : 



O tratamento primario do tórax inestábel, cando a súa repercusión respiratoria e/ou hemodinámica o esixen, consiste na neumofixación mediante intubación traqueal e ventilación mecánica invasiva. 

domingo, 21 de abril de 2013

Recruit your heart


Foto vía @BoozAllen


Din que necesitamos datos para demostrar que existe un problema. Pero precisamos unha historia para impulsar ó noso corazón a actuar. Os datos sobre o tema dos traumatismos torácicos xa os demos aquí. Para quen precise unha historia que o motive a estudialos aquí vos deixo esta:



Tamén pode ver este mesmo vídeo na páxina de TED.


xoves, 4 de abril de 2013

Tórax inestable.

Nestes outros vídeo podedes ver diferentes exemplos de tórax inestable.








Vale máis unha imaxe...

Colocación de drenaxe torácica

Aquí deixo este vídeo para os alumnos de 3º curso de Grado en Medicina. Describe de forma esquemática a colocación dunha drenaxe torácica, ou toracostomía pechada, o que coloquialmente denominamos un tubo de tórax.




E aquí enlazo un vídeo dunha colocación real polo Dr. José Carlos Meneses.





Esta técnica úsase para extraer aire ou líquido en diferentes patoloxías, incluidos os neumotórax e hemotórax nos traumatismo torácicos.

domingo, 31 de marzo de 2013

O mecanismo do traumatismo

Creo que levo demasiados días, por unha razón ou pola outra, adicado ó tema dos traumatismos torácicos. Así que aquí deixo un vídeo sobre mecanismos de traumatismo (que me gosta moito a min o do mecanismo). Tamén sirve para poñer as pilas pola mañá. Recomendo velo nun bo equipo en HD e coa música alta.



A mítica GoPro, pequena pero matona.


sábado, 16 de marzo de 2013

39 Congreso Neumosur. Badajoz, 2013.

Ya he subido a la web www.toracica.org los materiales complementarios de la ponencia titulada Reconstrucción torácica primaria con material protésico en los traumatismos torácicos extensos, incluida en la mesa de traumatismos del 39 Congreso Neumosur, celebrado en Badajoz entre los días 14 y 15 de marzo de 2013.



Pueden encontrar el enlace para estos contenidos en el epígrafe "Ponencias" de la sección "Recursos". El material incluye el texto de la ponencia, las diapositivas y un listado de referencias bibliográficas, todos ellos en formato PDF. Espero que puedan serles útiles.

venres, 21 de decembro de 2012

39 Congreso Neumosur


La Asociación de Neumología y Cirugía Torácica del Sur (Neumosur) ya tiene disponible en su web la información relativa al 39 Congreso Neumosur, incluido el programa científico provisional.

Obsérvese que el sábado 16 de marzo de 2013, a partir de las nueve de la mañana, habrá una charla interesantisisisísima sobre Reconstrucción torácica primaria con material protésico en los traumatismos torácicos extensos. 

Les mantendré informados.