martes, 19 de xaneiro de 2021

Moderna

Fortuna e privilexio 

 

Onte recibín a primeira dose da vacina para a Covid-19. Tocoume a de Moderna, concretamente. Non me virei máis moderno pero si, son un privilexiado. Coma todos os galegos, son un privilexiado por pertencer a ese 14% da poboación mundial que acapara máis da metade das doses de vacina dispoñibles. Son un privilexiado por ter nacido na parte boa do mundo, “protexida” por leis e tratados fronte ó resto da poboación mundial máis pobre. 

 

Como sanitario galego son afortunado porque poder ser inmunizado canto antes contra esta enfermidade é unha sorte. Pero non son un privilexiado, porque a anticipación da miña vacinación fronte á de outros galegos non se deriva dunha lei privada, dictada co obxectivo de favorecerme, senón dunha norma xeral desenvolvida para obter o máximo beneficio para todos cos recursos dispoñibles. O plan galego de vacinación, que está a funcionar ben,  prioridade ós sanitarios, non para protexernossenón para que poidamos seguir coidando da poboación e para evitar que transmitamos a enfermidade ós nosos doentes vulnerables. Como efecto colateral, e de xeito pouco habitual nesta pandemia, a nosa condición de sanitarios favorécenos neste caso. 


 agardo que esta campaña de vacinación siga co bo  co que empezou en Galicia e, daquí ó verán, a maioría dos galegos poidan ser tamén afortunados. Tamén agardo que os paises desenvolvidos cooperen na vacinación dos máis desfavorecidos e, deste xeito, os galegos sexamos cada vez menos privilexiadosDesta criseou saímos toda a humanidadeou non saímos. Afortunados si, privilexiados non. 



Músicos modernos 

Ningún comentario:

Publicar un comentario