venres, 8 de febreiro de 2013

O Doutófono: os grandes gostan de gravar en Compostela (e II)

Tamén gravou en Santiago, neste caso no Auditorio de Galicia, a impresionante violinista holandesa Janine Jansen co director Daniel Harding para Decca, esta vez por Tchaikovski con The Mahler Chamber Orchestra. E tamén hai documento gráfico. Aquí lles deixo o making-of.



















Resulta moi reconfortante ver a uns señores tan importantes pintando a mona pola noite en Santiago coma uns que eu sei nos seus mellores tempos. E habería tema no Hostal entre o director e a solista?

mércores, 6 de febreiro de 2013

Cart #09



Do cartafol Carts. 32 imaxes en prata xelatina. Cada mércores neste blog.

Que? coches
Quen? eu mesmo
Cando? abril e maio de 2005
Como? Prata-xelatina.
Onde? Londres
Por que? por amor á arte (e ós coches)

luns, 4 de febreiro de 2013

Día Mundial do Cancro 2013

Cada catro de febreiro é o Día Mundial do Cancro. Trátase dunha iniciativa promovida pola Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC) co respaldo da Organización Mundial da Saúde (WHO). O Empire State Building locerá en azul e laranxa durante o día de hoxe para lembrárnolo.

Empire State Building
O Día Mundial do Cancro pretende evitar millóns de mortes evitables cada ano, atraendo o interese e educando sobor do cancro, ó tempo que presionar ós gobernos e cidadáns de todo o mundo para que emprendan accións concretas. Cada ano morren preto de oito millóns de persoas por cancro no mundo, pero moitas destas mortes son evitables mediante a prevención, a detección precoz, o tratamento e a investigación.

Este ano, o Día Mundial do Cancro céntrase no 5º obxectivo da Declaración Mundial do Cancro: disipar os mitos e erros daniños arredor do cancro, baixo o lema Cancro, sabíalo? 

Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC) pídenos a nosa colaboración para rematar con estes catro mitos. Alá vai o meu gran de area.



Mito #1: o cancro só é unha cuestión de saúde
Realidade: o cancro no é só unha cuestión de saúde. Ten grandes implicacións sociais, económicas, de desenvolvemento e dereitos humanos.
Feito: o cancro constitúe o maior desafío para o desenvolvemento, minando os avances socioeconómicos en todo o mundo.

Mito #2: o cancro é unha enfermidade de paises ricos, envellecidos e desenvolvidos.
Realidade: o cancro non discrimina. É unha epidemia global, afecta a tódalas idades, somentendo ós paises con ingresos medios e baixos a unha carga desproporcionada
Feito: o cancro é un problema global en e estase a convertir  en un problema de saúde pública crecente nos países en vías de desenvolvemento.

Mito #3: o cancro é unha sentencia de morte
Realidade: moitos cancros que no seu día foran considerados unha sentenza de morte agora pódense curar e    moitas máis persoas poden beneficiarse dun tratamento efectivo para o seu cancro.
Feito: os avances en comprender o risco e a prevención, detección precoz e tratamento teñen revolucionado a atención dos doentes con cancro conducindo a resultados mellores para os doentes.

Mito #4: o cancro é o meu destino
Realidade: coas estratexias axeitadas, máis de un de cada tres cancros podense previr.
Feito: a prevención é o xeito máis coste-efectivo e sostible de reducir a epidemia global de cancro ó longo plazo.

Colabore coa Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC):




sábado, 2 de febreiro de 2013

Candeloria

Hoxe casan os paxariños. E, se non fora por este tempiño que temos, tería o día xa unha hora máis. Arrecende a mimosa.




En todo caso imos celebrar a candeloria con música:


venres, 1 de febreiro de 2013

O Doutófono: a xustiza pola man.

A mosidá de Vedra, os Nao e Rosalía. Enerxético. Para erguerse pola mañá. 




O Doutófono: os grandes gostan de gravar en Compostela (I)

Así é. Algúns dos mellores músicos do mundo escollen Compostela para gravar algunhas das mellores versións. Por exemplo Mark Minkowski, un vello coñecido deste blog pola súa versión do Rondeau des Indes Galantes de Rameau. Pois este direcctor francés e a discográfica Naïve elexiron San Domingos  de Bonaval para gravar unha versión histórica da monumental Misa en Si menor de J.S. Bach cos Musiciens du Louvre Grenoble. Aconteceu durante o festival Vía Stellae e hai documento gráfico que aquí lles deixo.



E non son os únicos. Máis o vindeiro venres neste blog.