venres, 15 de xaneiro de 2021

Ovella

Formamos parte dunha sociedade aborregada. Somos borregos e precisamos de pastores que nos alimenten, tosquíen e mesmo nos encerren para protexernos do lobo. É unha mágoa que aqueles pastores que deixaban as noventa e nove ovellas ata atopar unha perdida fiquen esquecidos nos Evanxeos de Lucas e Mateo (o santo dos croques non, o outro). Os pastores de hoxe deixan perder corenta e nove das ovellas con tal de atopar cincuenta e unhaChéganlle. 

 

Perante o panorama de morte e dor que se albisca, o que non se entregue xa a mitigar o sufrimento e porfíe na defensa de intereses de parte non é un mal pastor: é simplemente un psicópata. Precisamos que se tomen decisións xa ou estaremos axiña peor que en marzo do ano pasado. Os expertos non teñen dúbidas ó respecto.  


 


Ovella nunha corte, na aldea de Castro, San Xoan de Imo. Dodro (A Coruña)

Ningún comentario:

Publicar un comentario