Portada da partitura da obra Caldo de groria
Non se pode perder, este vindeiro sábado 23 de febreiro á una da tarde na Casa de Rosalía, a estrea absoluta da peza musical Caldo de groria, de Loliña Mosquera Souto, arranxada polo mestre Braulio Cao Ledo para coro e banda. Trátase dunha versión musicada do poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", que será interpretado por primeira vez, non podía ser doutro xeito, pola Banda de Música de Padrón e a Coral Polifónica Padronesa.
Loliña Mosquera, compositora da partitura
Braulio Cao dirixindo a Banda de Música de Padrón
O resto, se o programa se cumpre, será historia dende este vindeiro sábado grazas tamén ó entusiasmo e implicación amosados dende o comenzo por Anxo Angueira e a Fundación que patronea. Hai que estar.
A Coral Polifónica Padronesa e a Banda de Música de Padrón
nunha actuación anterior na Praza de Macías
Ningún comentario:
Publicar un comentario