É tamén un tema transeversal, pois son moitas as especialidades, tanto médicas como cirúrxicas, que se ven implicadas nalgunha fase do proceso asistencial ó doente traumatizado torácico.
Durante a aula expositiva tentaremos situar os traumatismos torácicos no contexto da asistencia integral ó doente politraumatizado. É aconsellable familiarizarse coa terminoloxía e os métodos de soporte vital avanzado en trauma mediante a lectura previa das diapositivas que empregaremos e que poden descargarse premendo nesta ligazón.
Como material complementario aconsello ver esta outra entrada do blog que nos axudará a comprender mellor a fisiopatoloxía do tórax inestabel.
Respecto ós corpos estraños endobronquiais pode resultar util revisar estas dúas entradas do blog toracica.org sobre fibrobroncoscopia e sobre broncoscopia ríxida, que son as técnicas máis empregadas no seu diagnóstico e tratamento.
Horarios:
Os horarios das aulas de traumatismos torácicos son os seguintes:
Grupo A: martes 23 de febreiro ás 18.30h
Grupo B: Martes 10 de maio ás 18.30h
Grupo C: martes 23 de febreiro á 15.30h
Ningún comentario:
Publicar un comentario