Homenaxe da xente do mar a Rosalía de Castro
Trátase dunha remontada fluvial en dornas a vela polos ríos Ulla e Sar, dende a praia de Vilarrello (Concello de Valga) e as brañas de Laíño ata o Espolón de Padrón, onde se celebra un acto de homenaxe ante a estatua de Rosalía de Castro.
Neste vídeo pódese ver en alta definición o percorrido completo da navegación.
Que inchadiña branca vela é unha iniciativa da Fundación Rosalía de Castro e a Escola de Navegación Tradicional Dorna da Arousa.
Trátase dun acto amplamente cuberto polos medios de comunicación pero neste vídeo inclúese, nunha soa secuencia e en alta definición, o percorrido completo da navegación que se pode ver aquí.
Gravado en Full-HD cunha cámara Go-Pro Hero 4 dende a proa da dorna Mimela. Suprimiuse a banda sonora ata o mínimo imprescindible, así que
Ningún comentario:
Publicar un comentario