domingo, 1 de marzo de 2015

Tórax inestábel

O Tratado de traumatismos torácicos da SECT (Sociedade Española de Cirurxía Torácica) define o tórax inestábel, volet costal ou flail chest como unha alteración da dinámica da caixa torácica debida á existencia de dous ou máis focos de fraztura en varios arcos costais contiguos e/ou no esternón que se acompañan dunha perda de continuidade e consistencia da parede torácica coa perturabación dos movementos respiratorios normais e a aparición da respiración paradoxal.

Polo tanto, o tórax inestábel ocorre cando existen a lo menos tres costelas consecutivas que están fracturadas polo menos en dous puntos diferentes cada unha, ou fracturas que implican a separación do esternón e a articulación condrocostal. Estas fracturas causan un movemento paradoxal do segmento inestabel que oscilará de xeito inverso ó resto do tórax. No seguinte vídeo pódese observar este movemento paradoxal : 



O tratamento primario do tórax inestábel, cando a súa repercusión respiratoria e/ou hemodinámica o esixen, consiste na neumofixación mediante intubación traqueal e ventilación mecánica invasiva. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario