Hoxe é o Día Mundial do Cancro.
Este ano, o Día Mundial do Cancro quiere repetir o éxito do ano pasado insistindo no 5º obxectivo da Declaración Mundial do Cancro: disipar os mitos e erros daniños arredor do cancro. Trátase dunha iniciativa promovida pola Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC) co respaldo da Organización Mundial da Saúde (WHO).
O Día Mundial do Cancro pretende evitar millóns de mortes evitables cada ano atraendo o interese e educando sobor do cancro, ó tempo que presionar ós gobernos e cidadáns de todo o mundo para que emprendan accións concretas. Cada ano morren preto de oito millóns de persoas por cancro no mundo, pero moitas destas mortes son evitables mediante a prevención, a detección precoz, o tratamento e a investigación.
A Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC) pídenos a nosa colaboración para rematar con catro novos mitos:
Mito #2: non hai signos nin síntomas do cancro.
Mito #3: non hai nada que eu poda facer en relación co cancro.
Mito #4: non teño dereito a atención médica para o cancro.
Estes catro mitos son FALSOS. É necesario falar sobor do cancro porque nos axuda a salvar vidas a través da súa prevención, e a coñecer os seus signos e síntomas permitindo á súa detección e tratamento precoz, que son un dereito.
- Partille esta información
- Tuitee coas etiquetas #worldcancerday e #diamundialdocancro
- Visite facebook.com/worldcancerday
- Visite www.worldcancerday.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario