venres, 8 de marzo de 2013

O Doutófono: Gustavo Dudamel.



Gustavo Dudamel naceu en Barquisimeto, Venezuela, en 1981. Pero a pesar da súa xuventude é considerado xa un xénio musical. Dirixe na actualidade orquestas como a Sinfónica de Los Ángeles, a Sinfónica de Gotemburgo e a Sinfónica Simón Bolivar, e fálase del como posible sustituto de Sir Simon Rattel cando este deixe o seu posto como director da Filarmónica de Berlín en 2018, tal como ten anunciado. Trátase dunha orquestra que xa coñece ben.



Dudamel formouse en "El Sistema", o sistema de orquestas xuveniles e infantiles de Venezuela, sendo concertino da Orquesta Sinfónica Infantil de Venezuela durante anos. O sistema foi fundado por José Antonio Abreu, e nel formáronse musicos como Edicson Ruiz.



Dudamel é un director controvertido, pero a estas alturas non se pode negar que é un grande músico, novo e hispano, pero que se pode permitir dirixir Strauss coa Filarmónica de Berlín (atentos ó dos platos).



A música é técnica: estudio, esforzo e perseverancia. Pero tamén é emoción. Unha das cousas que me parecen máis emocionantes do traballo de Dudamel é o que fai cos mozos de Venezuela, moitos deles con poucos recursos.



Que queren que lles diga. Non me importaría ver á mosidá do meu pais tirar abaixo o Royal Albert Hall.

Ningún comentario:

Publicar un comentario