![]() |
Luar sobre a boca da ría do Barqueiro dende o Porto de Bares, cos faros da illa Coelleira e punta Roncadoira ó fondo |
luns, 25 de agosto de 2014
Luar
sábado, 23 de agosto de 2014
Roteiro circular do Ulla derradeiro
Non deixedes de facer este roteiro. É moi sinxelo e marabilloso. En bici leva un par de horas e, a andar, pódese facer nunha xornada. Ten case 33 Km de lonxitude e percorre terras dos concellos de Dodro, Rianxo, Catoira, Valga, Pontecesures e Padrón.
Preséntanos unha panorámica única, dende terra, das brañas que acompañan ó río Ulla nos seus derradeiros kilómetros, antes de desembocar no mar da Arousa. Podemos gozar da súa flora e fauna, de valor incalculable, e espreitar á escribenta das canaveiras, ameazado endemismo que atopa neste ecosistema un dos seus últimos santuarios de nidificación en todo o planeta. Seredes moi afortunados se conseguides vela.
As brañas de Laíño e a veiga de Lestrobe foron cantadas por Rosalía. Nelas ambiéntase tamén a trepidante escea derradeira da novela Pensa Nao, de Anxo Angueira. Outra novela de seu, Iria, tomará o rio e as brañas coma un dos seus personaxes principais.

martes, 19 de agosto de 2014
venres, 15 de agosto de 2014
martes, 22 de xullo de 2014
luns, 14 de xullo de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)