domingo, 31 de marzo de 2013

O mecanismo do traumatismo

Creo que levo demasiados días, por unha razón ou pola outra, adicado ó tema dos traumatismos torácicos. Así que aquí deixo un vídeo sobre mecanismos de traumatismo (que me gosta moito a min o do mecanismo). Tamén sirve para poñer as pilas pola mañá. Recomendo velo nun bo equipo en HD e coa música alta.



A mítica GoPro, pequena pero matona.


venres, 29 de marzo de 2013

O Doutófono: Stabat Mater

Stabat Mater ("estaba a nai" en latin) é unha secuencia do século XIII atribuída ó papa Inocencio III e ó franciscano Jacopone da Todi, que medita sobre o sufrimento da nai de Xesús durante a súa crucifixión. É un dos textos literarios máis musicados con máis de 200 versións, pero sen dúbida hai que quedarse coa de Pergolesi. Aquí está nunha versión na Grote Zaal do Amsterdam Concertgebouw polo Concerto Köln.



mércores, 27 de marzo de 2013

Cart #16



Do cartafol Carts. 32 imaxes en prata xelatina. Cada mércores neste blog.

Que? coches
Quen? eu mesmo
Cando? abril e maio de 2005
Como? Prata-xelatina.
Onde? Londres
Por que? por amor á arte (e ós coches)

venres, 22 de marzo de 2013

O Doutófono: 328 aniversario de JS Bach

JSBach.jpg

Onte fixéronse os 328 anos do nacemento de JS Bach. Por iso hoxe traio algún tema seu.




E aquí o ‘Wir Setzen Uns mit Tränen Nieder‘, último coro da Paixón segúndo San Mateo’, de Johann Sebastian Bach, tal como foi empregado polo controvertido Martin Scorsese para os títulos iniciais da súa película Casino


Ó cabo, achéganse días moi apropiados para a música sacra.

mércores, 20 de marzo de 2013

Cart #15



Do cartafol Carts. 32 imaxes en prata xelatina. Cada mércores neste blog.

Que? coches
Quen? eu mesmo
Cando? abril e maio de 2005
Como? Prata-xelatina.
Onde? Londres
Por que? por amor á arte (e ós coches)