A Casa do Patín de Padrón organiza a exposición dunha ducia longa de fotografías.
En concreto preséntanse 14 impresións en branco e negro de 50x40cm en papel fotográfico Fuji Crystal Archive Supreme sobre soporte durafix e con laminado mate.
Agradezo moito a iniciativa da Casa do Patín que me permite partillar as miñas fotos con todos vós, ó tempo que axuda a divulgar o mundo da navegación tradicional, así como esta fermosa peregrinación rosaliana en concreto.
¡Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»