mércores, 31 de outubro de 2018

Caveira



Hoxe comeza a parte escura do ano. Dende o Samaín son francas as portas do alén, que seus habitantes cruzan amparados na noite perpetua. É entón tempo propicio para saldar en vida as débedas cos finados. Tamén de resistir contra a parrumeira, vivindo da despensa, do fumeiro e do sequeiro. E de preparar o entroido que empurre de novo cara o alén a tódalas súas criaturas antes de este se pechar, de xeito que as herdades queden libres de mal e vizosas cando a luz regrese. É unha historia de resiliencia.