luns, 28 de decembro de 2015

Guindastres


 Guindastres repousan no peirao de Rianxo, recortados contra o solpor da serra do Barbanza.

xoves, 24 de decembro de 2015

mércores, 23 de decembro de 2015

Náufrago


A doutora retiroulle a cartilla de andar ó mar porque ten alto o colesterol.

venres, 18 de decembro de 2015

Eusebio Lorenzo Baleirón




Hai un ano que publicaba, tamén nesta bitácora, a foto que precede. Nela podemos ver a Eusebio, Anxo, Rogelio, Manolo, Pepe, Manolo o de Sar... Uns rapaces de Laíño nun xantar.  A importancia da imaxe reside en que tres deles estaban chamados a se convertir en auténticos referentes da nosa literatura.

Nós pensabamos que tiñamos a imaxe perfectamente datada. Porén, nos petiscos que o Concello de Dodro ofreceu despois da entrega do XXVII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón xurdiron as primeiras dubidas e a polémica mesmo se prolongou algún día nas redes sociais. A opinión máis numerosa sostiña que era unha foto correspondente á voda de Lito da Pintora.

Nos días que seguiron iniciamos as pescudas. Foi bastante frustrante comprobar que a casete de VHS en que tiñamos que atopar a resposta estaba sobreescrita cun partido de fútbol. Pero seguimos adiante e, coa colaboración dos contraentes, atopamos unha bobina de Super 8 correspondente a unha voda.

A fita era de duración moi curta e estaba en bastante mal estado. A secuencia crucial duraba apenas uns segundos. Mais, unha vez dixitalizada, falou sen deixar lugar a dúbidas: a imaxe corresponde á voda de Paco da Romera, que se celebrou en Rianxo o 2 de setembro de 1978. Tería polo tanto Eusebio 16 anos naquel intre.

Déixovos a seguir algunhas imaxes das que puidemos extraer da fita. Son imaxes sen banda sonora, imaxes do silencio, coma a Gramática do silencio que nos deu Eusebio.





martes, 8 de decembro de 2015

leCRAs no Culturgal 2015 (Feat. Bolechas)

Unha representación de delgación do club de lectura leCRAs na pasada edición da feira Culturgal de 2015