Devotas camiño da misa do luns dos Aflixidos en Lestrobe (Dodro. A Coruña)
luns, 29 de agosto de 2016
sábado, 20 de agosto de 2016
mércores, 17 de agosto de 2016
A vela no Patín
A Casa do Patín de Padrón organiza a exposición dunha ducia longa de fotografías.
Son todas imaxes que teño tomado durante as diversas edicións da iniciativa Que inchadiña branca vela: unha remontada en dorna polos rios Ulla e Sar para homenaxear a Rosalía de Castro. O acto é organizado cada verán pola Fundación Rosalía de Castro e máis a Escola de Navegación Tradicional da Asociación Dorna da Arousa. A exposición faise coincidir coa edición deste ano que se celebrará o vindeiro sábado día 20 de agosto.
En concreto preséntanse 14 impresións en branco e negro de 50x40cm en papel fotográfico Fuji Crystal Archive Supreme sobre soporte durafix e con laminado mate.
Agradezo moito a iniciativa da Casa do Patín que me permite partillar as miñas fotos con todos vós, ó tempo que axuda a divulgar o mundo da navegación tradicional, así como esta fermosa peregrinación rosaliana en concreto.
¡Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»
martes, 9 de agosto de 2016
mércores, 3 de agosto de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)