mércores, 24 de decembro de 2014

venres, 19 de decembro de 2014

Eusebio (e Anxo, e Manolo e ...)



... porque eles, sobre a morte do corpo
e sobre a ausencia, duran. 

ELB

Este sábado entregarase, un ano máis, o premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía.

domingo, 7 de decembro de 2014

Roteiro das brañas e os esteiros de Laíño

Existen xeitos diferentes de se achegar ás brañas de Laíño, pero ningún vos levará ó seu corazón coma este que vos propoño.



Unha piragua pequena ou un kaiuco é a embarcación máis axeitada. Trátase de percorrer as brañas dende o Ulla e adentrarse nelas remontando os esteiros de dous dos ríos que as percorren: o río de Tallós e o río de Manselle. Como podedes ver no track do GPS, estes cursos permítenos chegar ata puntos que doutro xeito non serían accesibeis nestes carrizais noutrora apañados, pero agora ermos.

Non só poderemos gozar da flora e a fauna das que xa temos falado noutras ocasións. Tamén atoparemos vestixios da acción humana, coma o pecio dalgunha gamela, que nos confirman os relatos dos vedraios: estas xunglas de carrizos foron noutro tempo un territorio habitado.


Son en total 4,96 millas náuticas que parten da rampa de Pontecesures e desembarcan na entrada do Río Vello, en Bexo, ata onde se pode chegar cun coche para cargar a piragua. Segundo a forma física de cada un pode resultar moi importante comprobar as mareas. O roteiro está presentado río abaixo para que sexa fisicamente menos esixente, pero coa marea subindo aínda pode facerse costa arriba. Así que medide ben as vosas forzas e o estado do río.

O percorrido está flanqueado na súa maioría por carrizais, polo que non hai boas escapatorias nalgúns tramos. Unha saída alternativa, segura, ben comunicada por estrada e fácil de atopar é a praia de Vilarello, en Cordeiro, á outra marxe do río.

martes, 2 de decembro de 2014

De "O Cartafol de O. Phea": #7

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...



Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.

luns, 10 de novembro de 2014

martes, 4 de novembro de 2014

mércores, 29 de outubro de 2014

De "O Cartafol de O. Phea": #6

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...



Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.

sábado, 25 de outubro de 2014

Beillar


-Queres beillar?
-Non
-Bueno
...

De Os homes e a noite. O crepusculo e as formigas. X. L. Méndez Ferrín. 

Pinto d'Herbón


Coroa poética de pementeiras para Pinto d'Herbón, na casa da Matanza. Padrón. (A Coruña).

xoves, 23 de outubro de 2014

venres, 26 de setembro de 2014

xoves, 25 de setembro de 2014

martes, 23 de setembro de 2014

luns, 25 de agosto de 2014

Luar



Luar sobre a boca da ría do Barqueiro dende o Porto de Bares, cos faros da illa Coelleira e punta Roncadoira ó fondo