xoves, 28 de febreiro de 2013

Edad, cáncer de pulmón y cirugía



Nube de palabras del artículo Edad, cáncer de pulmón y cirugía (revista Pneuma). 

La población gallega no sólo es una de las más ancianas de Europa, sino también una de las que más rápido envejece. La edad avanzada es un factor inherente al carcinoma broncogénico, hasta el punto de que la evolución epidemiológica que éste ha presentado durante el siglo XX, a causa de las modificaciones en el consumo de tabaco, tampoco sería posible sin el simultáneo incremento de la esperanza de vida, que alcanzaba en 2009 en Galicia los 81,7 años al nacer. La British Thoracic Society y el American College of Chest Physicians establecen la obligatoriedad de que todos los pacientes sean estudiados y tratados del mismo modo, independientemente de la edad. Sin embargo existe evidencia de que los profesionales al cargo del cuidado de los pacientes diagnosticados de cáncer de pulmón introducimos un sesgo relacionado con la edad en nuestras decisiones sobre su diagnóstico y tratamiento.

La práctica totalidad de los autores concluye en la actualidad que la edad per se no constituye una contraindicación para el tratamiento  quirúrgico del carcinoma broncogénico y, no obstante, estamos lejos de resolver la polémica sobre la  naturaleza de la asociación entre edad, cáncer de pulmón y cirugía. Mientras la Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (SEPAR) establece en su Normativa sobre valoración del riesgo quirúrgico en el carcinoma broncogénico que “la edad se considera un predictor independiente de mortalidad tras resección pulmonar”, la British Thoracic Society (BTS) determina en sus Guidelines on the selection of  patients with lung cancer for surgery que “existe evidencia de que la potencial asociación entre edad avanzada y mortalidad quirúrgica es un reflejo de la mayor comorbilidad más que de la edad en sí misma”.

Pueden leer más sobre este tema descargando aquí el artículo de revisión que publicamos desde el Servicio de Cirugía Torácica del Hospital Clínico de Santiago en el número de noviembre de 2011 de la revista Pneuma, publicación de la Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria. 

mércores, 27 de febreiro de 2013

Cart #12




Do cartafol Carts. 32 imaxes en prata xelatina. Cada mércores neste blog.

Que? coches
Quen? eu mesmo
Cando? abril e maio de 2005
Como? Prata-xelatina.
Onde? Londres
Por que? por amor á arte (e ós coches)

luns, 25 de febreiro de 2013

Wordle

Hace ya unas cuantas entradas que hablamos en este blog de RSS. Wordle es una aplicación en línea que emplea RSS para construir nubes de palabras. Una nube de palabras es una técnica de visualización que se emplea en big data para mostrar en  una sola imagen el contenido de grandes volúmenes de texto. Se trata de una representación visual de las palabras que conforman un texto, en donde el tamaño es mayor para las palabras que aparecen con más frecuencia. Un ejemplo es la nube de etiquetas que aparece en el margen derecho de este blog.

Sin embargo, con wordle es posible realizar una nube con todas las palabras (no solo etiquetas) de cualquier blog o página web que disponga de feed RSS. Basta con acceder a la página www.wordle.net e introducir en la casilla correspondiente la dirección del blog o web. Esta es la nube de este blog.



Podemos comprobar con gran facilidad que en los últimos tiempos hemos estado dando cierta relevancia al radón domiciliario.

Pero además de analizar textos en la web, wordle permite introducir cualquier texto directamente y elaborar su nube de palabras. Ésta es la del libro Aplicabilidade do modelo CRISP-DM á cirurxía do cancro de pulmón.O problema da idade



En ambos casos (webs y textos), es posible modificar algunos parámetros como fuente, color, forma de la nube y orientación de las palabras. Para que funcione la aplicación es necesario tener instalado Java.

No digo que sea como ver la película, pero nos da cierta información sin leer el libro.

Alborada para Rosalía (Post hoc)

Aquí traio unhas imaxes do acto institucional que mencionei na anterior entrada deste blog. Un acto, o organizado pola Fundación Rosalía de Castro, solemne ó tempo que cálido, inda que se pasara moito frío.









En canto á polémica que alí rebuliu, a respecto do secuestro da tumba de Rosalía, eu non teño nada que dicir, pero a poeta en Follas Novas seica ten tal:

A ninguén digas onde estou... con frores

das que eu quería, a delatora mancha

crube... e que nunca co meu corpo acerten

profanas mans para levarme lexos...

¡Quero quedar onde os meus dores foron!


A tal mancha seica estaba en Adina, non si?




domingo, 24 de febreiro de 2013

Alborada para Rosalía

Súmome ó chamamento da Fundación Rosalía de Castro con esta Alborada para Rosalía, hoxe, día 24 de febreiro, aniversario do nacimento da poeta. E para iso escollo esta versión do vesiño e nembargantes amigo Anxo Angueira, impulsor, dende a presidencia da fundación, deste acontecemento que inaugura as celebracións do sesquicentenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía na cidade de Vigo.


Saberán que ésta é unha entrada programada, xa que a esta hora confío en estar participando ó vivo no acto institucional que se está a celebrar na Casa Museo da Matanza, ó tempo que unha lexión de gaiteiros interpretan a Alborada para Rosalía en incontables puntos de Galicia e outros ben máis lonxe coma Madrid ou Cork. Xa lles contarei.

venres, 22 de febreiro de 2013

O Doutófono: interpretando en sitios raros.

Mimi Stillman é unha das flautistas de concerto máis importantes do momento. Mimi ten un proxecto denominado Syrinx Journey que consiste en homenaxear a Claude Debussy no seu 150 aniversario publicando un rexistro en vídeo cada día, durante un ano, da interpretación de súa obra Syrinx para frauta solista en diversas localizacións. Este proxecto levouna a tocar a frauta en lugares tan raros coma o departamento de libros raros da Biblioteca Independente de Philadelphia.





Nembargantes, no de tocar en sitios raros, teno complicado para competir con Cady Coleman (@Astro_Cady), na cúpula da ISS




Incluso fai duetos:



Cady non foi a primeira flautista orbital. A primeira muller hispana en viaxar ó espacio, Ellen Ochoa, frautista clásica ademáis de astronauta, fíxoo antes.




Aquí a teñen:

Ellen Ochoa plays the flute in space shuttle Discovery's aft flight deck in April 1993. Pic: NASA

(en foto).

E tampouco son as últimas en facer músico no espacio. Chris Hadfiel (@Cmdr_Hadfield), primeiro canadiense en comandar a ISS leva tocando a guitarra en órbita dende 1995, na Mir, 






e agora na ISS.


mércores, 20 de febreiro de 2013

Pulmón y corazón



Pos eso.

Cart #11



Do cartafol Carts. 32 imaxes en prata xelatina. Cada mércores neste blog.

Que? coches
Quen? eu mesmo
Cando? abril e maio de 2005
Como? Prata-xelatina.
Onde? Londres
Por que? por amor á arte (e ós coches)

venres, 15 de febreiro de 2013

O Doutófono: Janine Jansen

E como a semana pasada me quedei con ganas de escoitar o concerto compelto, aquí está, inda que non é a versión de Compostela. Para escoitar esa haberá que mercar o disco.









E un par de propinas, Mendelssohn coa BBC Orchestra nos Proms da BBC:



E Bruch:







Non me digan que non lles din minutos esta fin de semana.

xoves, 14 de febreiro de 2013

mércores, 13 de febreiro de 2013

E se mido o radon na casa e está elevado?

Unha medida ó alcance de calquera para mitigar o gas radón consiste en facerlle caso á avoa e ventilar a casa, pero con certas condicións. Débese ventilar polo menos durante dúas horas cada día, preferentemente abrindo fiestras enfrontadas. A ventilación é especialmente importante nos andares máis baixos pois é onde se concentran as maiores cantidades de gas que despois difunde cara arriba. Como non existe un "limiar de dose", é dicir, unha concentración por debaixo da cal o radon sexa inocuo, podemos dicir que ventilar nunca está de máis. Pero esta "tradicional" medida é pouco práctica no inverno (ineficiente enerxéticamente). Ademáis, só conseguiremos reduccións de ata un 20% do gas radon da nosa vivenda, polo que resulta insuficiente nos casos de concentración máis elevada.

Para estes casos nos que as concentración de radon detectadas son máis altas, o Laboratorio de Radón de Galicia tamén ofrece o servizo de estudo da vivenda e elaboración dun informe pormenorizado no que se describen as medidas concretas que podemos empregar na nosa casa para reducilas. O custo mínimo deste informe é de 300€ máis IVE, e pode precisar a consulta dun arquitecto. O prezo incrementarase segundo a complexidade do proxecto. En calquera caso, podemos solicitar máis información no Laboratorio de Radon de Galicia, no Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

As medidas poden ser practicadas, na maioría dos casos, por calquera empresa de construcción e son moi variadas. Una medida básica é o peche de fendas nos cimentos do edificio, así coma de outras aberturas como o paso de tubaxes a pozos e fosas sépticas. Tamén o illamento de paredes que estén en contacto co terreo mediante polietilenos e poliuretanos axeitados. Existen tamén tecidos específicos coma Radonstop. Na maioría dos casos, as reformas son mínimas e relativamente baratas.

Outro grupo de solucións son as medidas de extracción mecánica. Consiste na introducción de tubos coma os de desaugadoiro a través de perforacións por debaixo da casa. A súa instalación non representa grandes cambios na estructura do edificio e tampouco implica un custo excesivamente elevado. O forxado sanitario, naquelas casas que o dispoñen, pode facilitar estas tarefas. Estas tubaxes adoitan ir conectadas a un ventilador específico que forza a saida do aire e o radon do subsolo. Os ventiladores poden mercarse en Amazon a partir de 120$ e son moi populares en EEUU, onde resulta moi habitual o emprego de medidas de mitigación do gas radon nos fogares.

Ventilador para extracción de radon.

En definitiva, e chegados a este punto, o máis sensasto é seguir os consellos dun experto. Pero isto non ten que supor un custo inaccesibel. Temos que ter en conta que a nosa vivenda, ademais de ser máis sana, aumentará o seu valor despois de mitigar o radon nela. Nos EEUU é costume encargar unha medición antes de mercar unha casa. Tamén temos que lembrar que, despois de realizada a reforma, é necesario tomar novas medicións para verificar que esta foi efectiva. 


Cart #10



Do cartafol Carts. 32 imaxes en prata xelatina. Cada mércores neste blog.

Que? coches
Quen? eu mesmo
Cando? abril e maio de 2005
Como? Prata-xelatina.
Onde? Londres
Por que? por amor á arte (e ós coches)

sábado, 9 de febreiro de 2013

Entroido

Hai moitas cousas que fan o Entroido:



As mimosas


As filloas na sartaña

As pantallas...

...e os cigarróns, pero ningunha coma...


...os pícaros!

Máis pícaros de entroido moi pronto en  www.lecras.wordpress.com

venres, 8 de febreiro de 2013

O Doutófono: os grandes gostan de gravar en Compostela (e II)

Tamén gravou en Santiago, neste caso no Auditorio de Galicia, a impresionante violinista holandesa Janine Jansen co director Daniel Harding para Decca, esta vez por Tchaikovski con The Mahler Chamber Orchestra. E tamén hai documento gráfico. Aquí lles deixo o making-of.



















Resulta moi reconfortante ver a uns señores tan importantes pintando a mona pola noite en Santiago coma uns que eu sei nos seus mellores tempos. E habería tema no Hostal entre o director e a solista?

mércores, 6 de febreiro de 2013

Cart #09



Do cartafol Carts. 32 imaxes en prata xelatina. Cada mércores neste blog.

Que? coches
Quen? eu mesmo
Cando? abril e maio de 2005
Como? Prata-xelatina.
Onde? Londres
Por que? por amor á arte (e ós coches)

luns, 4 de febreiro de 2013

Día Mundial do Cancro 2013

Cada catro de febreiro é o Día Mundial do Cancro. Trátase dunha iniciativa promovida pola Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC) co respaldo da Organización Mundial da Saúde (WHO). O Empire State Building locerá en azul e laranxa durante o día de hoxe para lembrárnolo.

Empire State Building
O Día Mundial do Cancro pretende evitar millóns de mortes evitables cada ano, atraendo o interese e educando sobor do cancro, ó tempo que presionar ós gobernos e cidadáns de todo o mundo para que emprendan accións concretas. Cada ano morren preto de oito millóns de persoas por cancro no mundo, pero moitas destas mortes son evitables mediante a prevención, a detección precoz, o tratamento e a investigación.

Este ano, o Día Mundial do Cancro céntrase no 5º obxectivo da Declaración Mundial do Cancro: disipar os mitos e erros daniños arredor do cancro, baixo o lema Cancro, sabíalo? 

Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC) pídenos a nosa colaboración para rematar con estes catro mitos. Alá vai o meu gran de area.



Mito #1: o cancro só é unha cuestión de saúde
Realidade: o cancro no é só unha cuestión de saúde. Ten grandes implicacións sociais, económicas, de desenvolvemento e dereitos humanos.
Feito: o cancro constitúe o maior desafío para o desenvolvemento, minando os avances socioeconómicos en todo o mundo.

Mito #2: o cancro é unha enfermidade de paises ricos, envellecidos e desenvolvidos.
Realidade: o cancro non discrimina. É unha epidemia global, afecta a tódalas idades, somentendo ós paises con ingresos medios e baixos a unha carga desproporcionada
Feito: o cancro é un problema global en e estase a convertir  en un problema de saúde pública crecente nos países en vías de desenvolvemento.

Mito #3: o cancro é unha sentencia de morte
Realidade: moitos cancros que no seu día foran considerados unha sentenza de morte agora pódense curar e    moitas máis persoas poden beneficiarse dun tratamento efectivo para o seu cancro.
Feito: os avances en comprender o risco e a prevención, detección precoz e tratamento teñen revolucionado a atención dos doentes con cancro conducindo a resultados mellores para os doentes.

Mito #4: o cancro é o meu destino
Realidade: coas estratexias axeitadas, máis de un de cada tres cancros podense previr.
Feito: a prevención é o xeito máis coste-efectivo e sostible de reducir a epidemia global de cancro ó longo plazo.

Colabore coa Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC):




sábado, 2 de febreiro de 2013

Candeloria

Hoxe casan os paxariños. E, se non fora por este tempiño que temos, tería o día xa unha hora máis. Arrecende a mimosa.




En todo caso imos celebrar a candeloria con música:


venres, 1 de febreiro de 2013

O Doutófono: a xustiza pola man.

A mosidá de Vedra, os Nao e Rosalía. Enerxético. Para erguerse pola mañá. 




O Doutófono: os grandes gostan de gravar en Compostela (I)

Así é. Algúns dos mellores músicos do mundo escollen Compostela para gravar algunhas das mellores versións. Por exemplo Mark Minkowski, un vello coñecido deste blog pola súa versión do Rondeau des Indes Galantes de Rameau. Pois este direcctor francés e a discográfica Naïve elexiron San Domingos  de Bonaval para gravar unha versión histórica da monumental Misa en Si menor de J.S. Bach cos Musiciens du Louvre Grenoble. Aconteceu durante o festival Vía Stellae e hai documento gráfico que aquí lles deixo.



E non son os únicos. Máis o vindeiro venres neste blog.