luns, 29 de xaneiro de 2018

Máscara #2


Antiga máscara de peliqueiro exposta no Museo do Pobo Galego de Compostela.

Respecto a esta careta dinos Nieves Amado Rolán

"Esta careta descubríuna Xoan Torres Cidre nunha palleira en Castro...
Como ?...pois foi durmir a "moña" encima dun montón de palla, e a súa testa bateu contra algo duro e metálico...na mañá seguinte comprobou que era isa careta. O dono da palleira deulla....o Xoan Torres, ( artista escultor) levoulle-la ó Fariñas director do museo arqueolóxico provincial...e acabou depositada no museo do Pobo Galego...prestada....tardei moito en dar con ela. (JM Bouzo Limia)"

sábado, 27 de xaneiro de 2018

Camelias


O derradeiro raio de sol do 24 de febreiro, aniversario de Rosalía, ilumina unhas camelias no xardín da casa da Matanza

Teixugueiras


Meco do entroido de Xinzo das Teixugueiras (Cartelle-Ourense). 

sábado, 20 de xaneiro de 2018

Xinzo


Hoxé é sábado do petardazo. Arrinca o entroido máis longo do mundo. Todo pronto en Xinzo.

venres, 12 de xaneiro de 2018

Mascarada


Careto e peliqueiro confraternizan en Vilariño de Conso durante a III Mascarada Ibérica de Vilariño e Viana de 2017. 

luns, 8 de xaneiro de 2018

Curuxa


O amigo Dani Piñeiro, falcoeiro, adestra unha curuxa.

A curuxa común (Tyto alba) é a ave do ano da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO).