martes, 31 de decembro de 2019

mércores, 25 de decembro de 2019

Valverde


O careto e a vella de Valverde (Mogadouro) saen á rúa o 25 de decembro.

martes, 24 de decembro de 2019

domingo, 22 de decembro de 2019

xoves, 12 de decembro de 2019

Paraugas


Camiñante con paraguas nunha rúa de Amsterdam

luns, 9 de decembro de 2019

Paralelepípedos


Camiñante con paraugas na calzada dos paralelepípedos

sábado, 16 de novembro de 2019

Paseo


Rúa do Paseo de Ourense dende o Parque de San Lázaro

venres, 1 de novembro de 2019

Santos


Cemiterio de Adina, cuberto de flores na noite de Santos

xoves, 31 de outubro de 2019

Caveira #2


Caveira de besta brava 

mércores, 9 de outubro de 2019

Señor Xosé


O Señor Xosé feliz na súa dorniña (a Lara Doce) tras rematar a regata de marisco ós seus 85 anos.

venres, 30 de agosto de 2019

As dornas en Dodro


O vindeiro xoves ás 20:00h fondeamos as dornas na casa do Concello Rosaliano de Dodro. Alí vos agardamos!

luns, 19 de agosto de 2019

Muíño


Muíño na ruta da pedra e a auga. Ribadumia

domingo, 18 de agosto de 2019

Sanamede


Altar da procesión do San Mamede de Rois

xoves, 1 de agosto de 2019

Trasluchar


A Roxiña na Inchadiña de 2018 

venres, 26 de xullo de 2019

Chiruca


Chiruca, da Guarda. Chiruca foi armadora co seu home ata que este morreu prematuramente, con corenta e poucos anos. Despois, nesta adversidade, criou catro fillos, foi redeira, peixeira... Coma Chiruca, Galiza ten un pasado cheo de dificultades, pero tamén de dignidade. E un futuro cheo de incerteza, coma todos nós. Pero Chiruca non deixa que as vicisitudes da vida lle rouben o sorriso e mais o optimismo. Segue traballando e ensinando o seu oficio de redeira ós máis novos porque Chiruca sabe que só hai un xeito de construir o futuro: educando. Formando unha mocidade libre, solidaria e de pensamento crítico que tome o leme do país e o conduza con xenerosidade. Non sexamos tristes: sexamos coma Chiruca

luns, 22 de xullo de 2019

Patroas


Reunión de patroas e patróns da ENT Dorna da Arousa na praia da Canteira

venres, 19 de xullo de 2019

Saudade


A saudade é grande. Maior é o mar.

martes, 16 de xullo de 2019

Carme


Procesión do Carme da Arousa. A data non se rexe polo calendario litúrxico senón polo calendario das mareas. 

luns, 15 de xullo de 2019

Encontro 2019

Rematou o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2019 na Guarda.

De hoxe en dous anos!




xoves, 11 de xullo de 2019

mércores, 10 de xullo de 2019

luns, 24 de xuño de 2019

Pulso


Unha escea do curro de Mougás

luns, 3 de xuño de 2019

Palillar


Palilleira nos soportais de Muros

xoves, 30 de maio de 2019

Ascensión


Feira cabalar da ascensión. Mercado de Amio. Compostela.

sábado, 27 de abril de 2019

Beillar #2



Nenas da A.C. Rosalía de Castro na súa actuación de hoxe en Padrón

sábado, 20 de abril de 2019

Chocar


Coches de choque na Pascua de Padrón

venres, 19 de abril de 2019

Encontro


Porcesión do encontro de Padrón

xoves, 18 de abril de 2019

Convento


Celebración da Pascua padronesa co convento do Carme ó fondo

sábado, 6 de abril de 2019

Rexurdimento


Leiro (Rianxo) este serán, na área afectada polo #iflaíñododro . Con ou sen nós, a natureza abre paso. 

sábado, 30 de marzo de 2019

Swing


Swing en directo na sala Riquela de Compostela.

mércores, 20 de marzo de 2019

Primavera


A primavera está aquí!

luns, 11 de marzo de 2019

venres, 8 de marzo de 2019

Mulleres


Dúas mulleres, na Casa do Patín, Padrón (A Coruña)

luns, 4 de marzo de 2019

Oso


Oso de Salcedo, Póbra de Brollón (Lugo)

domingo, 3 de marzo de 2019

Entrimo


Madamita e madamito de Entrimo (Ourense)

luns, 25 de febreiro de 2019

Troteira


Iconografía rosaliana no sombreiro dunha troteira de Bande

domingo, 24 de febreiro de 2019

Caldo


Ledicia Costas prepara o caldo de gloria hoxe na Casa de Rosalía 

xoves, 21 de febreiro de 2019

Mormentelos


Danzante do folión de Mormentelos

martes, 19 de febreiro de 2019

Caldo de groria

Portada da partitura da obra Caldo de groria


Non se pode perder, este vindeiro sábado 23 de febreiro á una da tarde na Casa de Rosalía, a estrea absoluta da peza musical Caldo de groria, de Loliña Mosquera Souto, arranxada polo mestre Braulio Cao Ledo para coro e banda. Trátase dunha versión musicada do poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar", que será interpretado por primeira vez, non podía ser doutro xeito, pola Banda de Música de Padrón e a Coral Polifónica Padronesa.


Loliña Mosquera, compositora da partitura




Braulio Cao dirixindo a Banda de Música de Padrón


Loliña Mosquera, primeira galardoada coa Rosa de Galicia pola Fundación Rosalía, é filla de Xosé Mosquera Pérez, coñecido como O Vello dos Contos e principal impulsor "intelectual" da adquisición da casa da Matanza para transformala nun símbolo da cultura galega, alá polo 1946. Foi a propia Loliña quen fixo chegar a súa partitura manuscrita ó director da banda de Padrón, Braulio Cao, co encargo de que ofrecera a melodía a todos os padroneses. Despois dun intenso traballo, Braulio Cao desenvolveu e adaptou esta partitura, pero tamén a simplificou nalgúns aspectos, pois o seu arranxo foi concebido dende a orixe para ser cantado polo pobo de Padrón e por todos os galegos. Tal foi a encarga que recibiu da súa autora.

O resto, se o programa se cumpre, será historia dende este vindeiro sábado grazas tamén ó entusiasmo e implicación amosados dende o comenzo por Anxo Angueira e a Fundación que patronea. Hai que estar.


A Coral Polifónica Padronesa e a Banda de Música de Padrón 
nunha actuación anterior na Praza de Macías 

luns, 18 de febreiro de 2019

Samede


Entroido tradicional de Samede, parroquia de San Xulián de Vigo no Concello de Paderne (A Coruña)

domingo, 17 de febreiro de 2019

Fulión


Bombos e tabores do folión. Viana do Bolo (Ourense)

sábado, 9 de febreiro de 2019

Petardazo 2019


Pantalla de Xinzo de Limia 

mércores, 6 de febreiro de 2019

Diagonal


Cidade da cultura de Galicia, obra de Peter Eisenman.

venres, 11 de xaneiro de 2019

Espolón


Paseo do Espolón dende o interior da igrexa de Santiago de Padrón 

sábado, 5 de xaneiro de 2019

Zarramaco



Zarramaco, guerreiro do ben da Vijanera de Silio (Cantabria).

venres, 4 de xaneiro de 2019

Talanqueira


Talanqueira de San Martín de Castañeda, que sae cada 5 de xaneiro na localidade sanbresa.