venres, 26 de xullo de 2019

Chiruca


Chiruca, da Guarda. Chiruca foi armadora co seu home ata que este morreu prematuramente, con corenta e poucos anos. Despois, nesta adversidade, criou catro fillos, foi redeira, peixeira... Coma Chiruca, Galiza ten un pasado cheo de dificultades, pero tamén de dignidade. E un futuro cheo de incerteza, coma todos nós. Pero Chiruca non deixa que as vicisitudes da vida lle rouben o sorriso e mais o optimismo. Segue traballando e ensinando o seu oficio de redeira ós máis novos porque Chiruca sabe que só hai un xeito de construir o futuro: educando. Formando unha mocidade libre, solidaria e de pensamento crítico que tome o leme do país e o conduza con xenerosidade. Non sexamos tristes: sexamos coma Chiruca

Ningún comentario:

Publicar un comentario