venres, 24 de decembro de 2021

mércores, 22 de decembro de 2021

Luar

 


Luar sobre a Cidade da Cultura de Galicia

sábado, 9 de outubro de 2021

Tragove

 


Frotiña de embarcacións tradicionais entrando no porto de Tragove (Cambados), hoxe durante a concentración de embarcacións Memorial Tito Silva.

martes, 7 de setembro de 2021

Baleas

 

Lancha xeiteira e bote ou buceta

venres, 27 de agosto de 2021

Picu

 


Picu Urriellu, no macizo central dos Picos de Europa, Asturies.

luns, 16 de agosto de 2021

Cúa

 


Río Cúa ó seu paso polo concello de Carracedelo

domingo, 1 de agosto de 2021

Frederikssund

 



Drakkars amarrados onda as torres de Oeste, Catoira. Hoxe, primeiro domingo de agosto, celébrase a Romaría Vikinga. 

domingo, 4 de xullo de 2021

Vacinar

 



Centro de vacinación contra a Covid-19, un domingo calquera.

xoves, 24 de xuño de 2021

Sementadoras

 


Mariscadoras da Arousa agardan pola cria de ameixa, extraída polas compañeiras na praia de Riasón, para sementala na praia das Salinas.

venres, 21 de maio de 2021

Ra

 


Ra galaica (Rana parvipalmata).

domingo, 11 de abril de 2021

Os ollos de María

 


...

e por colleita collo e teño,

se miro polo azul

-o mar!, o mar!-, os ollos,

unicamente os ollos

de María

Anxo Angueira


domingo, 4 de abril de 2021

Rato

 


Illa do Rato, no Ulla postremeiro.

venres, 19 de marzo de 2021

Ons

 

Illa de Ons e Onceta

...

deitada rente ao mar, ise camiño...

Celso E. Ferreiro

Reflexión

 


Solpor nas brañas de Laíño. Reflexo sobre as augas.

sábado, 13 de marzo de 2021

Moa

 


A Moa, cumio do Monte Pindo, Olimpo dos deuses celtas, xusto antes da fin do Mundo.

Descagar a ruta de ascenso aquí.

mércores, 17 de febreiro de 2021

Muíño

 Muíño de cubo dos de Aurelio, antes muíño de Reboiras. Manselle. Dodro. A Coruña












domingo, 14 de febreiro de 2021

Sincretismo


Bendición das mázcaras. Domingo de entroido 2020.  A Xironda, Cualedro, Ourense.

xoves, 11 de febreiro de 2021

Xoves de comadres

 


Mázcaras da Xironda (Cualedro) no domingo de entroido.

xoves, 4 de febreiro de 2021

Lobo

 


Hoxe acordouse que o lobo non sexa máis especie cinexética en España

domingo, 31 de xaneiro de 2021

Lambedoiro 2021


 

Volantes e Pucho no domingo lambedoiro do ano pasado en Santiago de Arriba.  Chantada. Lugo

sábado, 23 de xaneiro de 2021

Hortensia

 



A vila de Padrón baixo os efectos da borrasca Hortensia

martes, 19 de xaneiro de 2021

Moderna

Fortuna e privilexio 

 

Onte recibín a primeira dose da vacina para a Covid-19. Tocoume a de Moderna, concretamente. Non me virei máis moderno pero si, son un privilexiado. Coma todos os galegos, son un privilexiado por pertencer a ese 14% da poboación mundial que acapara máis da metade das doses de vacina dispoñibles. Son un privilexiado por ter nacido na parte boa do mundo, “protexida” por leis e tratados fronte ó resto da poboación mundial máis pobre. 

 

Como sanitario galego son afortunado porque poder ser inmunizado canto antes contra esta enfermidade é unha sorte. Pero non son un privilexiado, porque a anticipación da miña vacinación fronte á de outros galegos non se deriva dunha lei privada, dictada co obxectivo de favorecerme, senón dunha norma xeral desenvolvida para obter o máximo beneficio para todos cos recursos dispoñibles. O plan galego de vacinación, que está a funcionar ben,  prioridade ós sanitarios, non para protexernossenón para que poidamos seguir coidando da poboación e para evitar que transmitamos a enfermidade ós nosos doentes vulnerables. Como efecto colateral, e de xeito pouco habitual nesta pandemia, a nosa condición de sanitarios favorécenos neste caso. 


 agardo que esta campaña de vacinación siga co bo  co que empezou en Galicia e, daquí ó verán, a maioría dos galegos poidan ser tamén afortunados. Tamén agardo que os paises desenvolvidos cooperen na vacinación dos máis desfavorecidos e, deste xeito, os galegos sexamos cada vez menos privilexiadosDesta criseou saímos toda a humanidadeou non saímos. Afortunados si, privilexiados non. 



Músicos modernos