Lago. Praia de Lago. Muxía (A Coruña). |
As miñas fotografías son de acceso público e gratuíto neste blog, onde as partillo periodicamente baixo licencia Creative Commons. Pódense descargar e mesmo imprimir de xeito gratuíto e totalmente legal.
Pero se sintes que conectas especialmente con algunha, ou que podería ser un bo agasallo, se pensas que algunha das imaxes merece ser impresa coa mellor calidade, entón podes mercala directamente na tenda en liña. E se non a atopas na tenda ou o formato non se che axeita, non dubides en porte en contacto con nós no enderezo copias@eduardorivo.com. Podemos proporcionarche un presuposto sen compromiso e, se é da túa conformidade, xestionar a impresión dunha copia de alta calidade en diferentes papeis Fine Art para impresión Inkjet con tintas pigmentadas, garantidas por máis de 100 anos. Ou tamén en papel fotográfico de proceso químico. E, se o desexas, coa montaxe que máis se adapte ás túas necesidades: enmarcado, adhesivado, bastidores, lenzo, metacrilato, aluminio, caixa de leds...
Cada copia é única polas características da súa impresión, e entrégase acompañada dun certificado de autenticidade con un número único que así o acredita. A este certificado engádese un rexistro dixital de cada fotografía.
Ademais as fotografías sen montaxe entréganse nunha carpeta de cartón realizada artesanalmente a man para cada tamaño de copia e protexida en papel cristal libre de ácido. Ó certificado de autenticidade engádense unhas breves instrucción para a conservación da imaxe. Esta presentación fai de cada copia unha peza de colección e un agasallo distinguido.
Os prezos son moi variables, pois dependen do tamaño da copia, tipo de papel e técnica de impresión, montaxe etc. Pero pódese adquirir unha copia de alta calidade con certificado de autenticidade dende 30€ máis gastos de envío. A entrega do presuposto é gratuíta.
Lembra! este é o enderezo de tenda en liña:
Ningún comentario:
Publicar un comentario