mércores, 24 de febreiro de 2016

#DíadeRosalía

Hoxe é o #DíadeRosalía



Instalación de pandeiretas no posto de Sanin Percusión Tradicional no pasado Culturgal 2015. O deseño de Rosalía é de Irene Silva Xiráldez.

domingo, 21 de febreiro de 2016

Tema 40.- Traumatismos torácicos. Corpos extraños intrabronquiais. 2016

O dos traumatismos torácicos é un tema relevante da asignatura pola súa importancia clínico-asistencial. Por este motivo, a clase expositiva complementarase cun seminario no que analizaremos un caso clínico. Durante o seminario visionaremos este vídeo sobre a técnica da drenaxe torácica.

É tamén un tema transeversal, pois son moitas as especialidades, tanto médicas como cirúrxicas, que se ven implicadas nalgunha fase do proceso asistencial ó doente traumatizado torácico.

Durante a aula expositiva tentaremos situar os traumatismos torácicos no contexto da asistencia integral ó doente politraumatizado. É aconsellable familiarizarse coa terminoloxía e os métodos de soporte vital avanzado en trauma mediante a lectura previa das diapositivas que empregaremos e que poden descargarse premendo nesta ligazón.

Como material complementario aconsello ver esta outra entrada do blog que nos axudará a comprender mellor a fisiopatoloxía do tórax inestabel. 

Respecto ós corpos estraños endobronquiais pode resultar util revisar estas dúas entradas do blog toracica.org sobre fibrobroncoscopia e sobre broncoscopia ríxida, que son as técnicas máis empregadas no seu diagnóstico e tratamento.




Horarios:

Os horarios das aulas de traumatismos torácicos son os seguintes:

Grupo A: martes 23 de febreiro ás 18.30h

Grupo B: Martes 10 de maio ás 18.30h

Grupo C: martes 23 de febreiro á 15.30h

mércores, 10 de febreiro de 2016

Cartafol: Orquestra pantasma






Copia de autor certificada (ficha técnica):

Impresión fotográfica Fine Art en B&N


Dimensións: 30 X 45 cm

Papel: Canson Infinity Platine Fiber Rag 310g. Calidade museo/100% algódón. Libre de ácido/reserva alcalina. Sen blanqueadores ópticos.

Impresora: Epson 9900.

Tintas: pigmentadas Epson Ultrachrome HDR.


__________________________
A copia preséntase nun cartafol de debuxo de cartón con cintas, cor negra, protexida en papel cristal Diafanoid de pH neutro para a súa perfecta conservación. Inclúense instruccións de preservación.

Certificado: acompáñase de certificado de autenticidade Hahnemühle con marca de auga, fibras de seguridade fluorescentes e parella de hologramas tipo Rooster con numeración única. Rexistro dixital de cada copia certificada. Para máis información sobre as copias certificadas premer aquí.



PVP: 57 € IVE incluído. Gastos de envío  non incluídos.

Prema aquí para máis información e contacto.



luns, 8 de febreiro de 2016

Carguizoi


Os Felos de Maceda entran no lugar de Carguizoi durante o seu percorrido polas aldeas da Serra.

domingo, 7 de febreiro de 2016

Cigarrón


Cigarrón de Verín brandindo a súa zamarra.

sábado, 6 de febreiro de 2016

Ronda


Pantallas de Xinzo carrexan un veciño ata algún bar onde terá que pagar unha ronda, penalización estipulada para aqueles que ousan saír á rúa sen disfrace durante o entroido.

venres, 5 de febreiro de 2016

Entroido rural


Comitiva dos Xenerais da Ulla en Marrozos, unha parroquia rural compostelá.