martes, 29 de setembro de 2015

San Miguel


Imaxe de San Miguel Arcanxo na abadía de Le Mont Saint-Michel (Baixa Normandía-Francia).

xoves, 24 de setembro de 2015

Roteiro da Mercé

Hoxe é o día da Mercé, romaría en Bandín, unha aldea duns 18 habitantes na parroquia de Carcacía (Padrón-A coruña). Por iso é un dos mellores días para facer este roteiro.

Trátase dun percorrido en bicicleta sinxelo, de pouco máis de trinta quilómetros, pero con algunha  pendente que o desaconsella para os máis pequenos. Podedes descargar o track para GPS do traxecto de ida aquí. E para o de volta, un pouco diferente, aquí


Inda que case todo se fai sobre asfalto, no tramo de ida inclúese algún camiño só apropiado para bici de montaña. En todo caso pódese completar totalmente por estrada cunha pequena modificación. Outra opción é percorrelo a pé, como era tradición en Terra de Íria no día da festa.

Partimos unha vez máis do Souto de Manselle e baixamos cara a Braña ata atopar o mar, o Ulla derradeiro que remontaremos ata A Ponte. Alí cruzamos o río cara a Requeixo e despois, por Cortiñas e Morono, chegaremos ó Lapido, forca que o Ulla labra onde se xuntan os montes Meda e Castro Valente. Do seu fondo chega o boureo das augas brancas a escacharen contra as penedas. Augas que noutrora desafiabamos coas nosas piraguas de augas bravas.



Dende aquí xa pouco nos falta para enxergar, a media ladeira, a espadana da igrexa barroca do século XIII da Nosa Señora da Mercé de Bandín. Debaixo dela deita auga sandadora, por cano de pedra, a fonte da Santa. É auga moi boa. Por iso unha muller enche nela unhas garrafas, que "eles ter teñen na casa auga canta queren".




Para regresar podemos baixar ata Herbón, ver o comenzo da canle de regadío da marxe esquerda do Ulla e os muíños que hai no lugar da Barca. Aquí, antes de haber ponte, os veciños de Morono despedían pé do río ós defuntos que cruzaban na barca para se iren soterrar no cemiterio parroquial de Santa María de Herbón, dado que só o crego e algún achegado collían co cadaleito máis co barqueiro na barca. De tal xeito que xa un non sabía se a barca ía cara Herbón ou cara Avalón.


xoves, 17 de setembro de 2015

Sías #3


Illas Cíes dende a praia de Patos. Nigrán (Pontevedra).

venres, 11 de setembro de 2015

De "O Cartafol de O.Phea": #10



Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...




Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.

domingo, 6 de setembro de 2015

Ortegal


Faro de cabo Ortegal. Cariño (A Coruña).

xoves, 3 de setembro de 2015