luns, 24 de febreiro de 2014

#euRosalía


Aquí estou #euRosalía. Por certo que a Rosalía é de Irene Silva Xiraldez.


luns, 17 de febreiro de 2014

domingo, 16 de febreiro de 2014

De "O Cartafol de O. Phea" #3

Así foi como il -O. Phea, obreiro- teimou en xuntar nun cartafol portas e portelas, fiestras e xanelas, sebes e cancelas...



Sí... Todo o que lle pasóu O. Phea pasoulle porque era moito ir e vir, en dezaoito anos, polo mesmo camiño.

luns, 10 de febreiro de 2014

Estrelampo


-Parece que escampou, Manoela.
-Deixa estar, deixa...

domingo, 9 de febreiro de 2014

Cicloxénese



A borrasca Stephanie entrando sobre Terra de Iria.

martes, 4 de febreiro de 2014

Día mundial do cancro 2014.



Hoxe é o Día Mundial do Cancro


Este ano, o Día Mundial do Cancro quiere repetir o éxito do ano pasado insistindo no 5º obxectivo da Declaración Mundial do Cancrodisipar os mitos e erros daniños arredor do cancroTrátase dunha iniciativa promovida pola Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC) co respaldo da Organización Mundial da Saúde (WHO).

O Día Mundial do Cancro pretende evitar millóns de mortes evitables cada ano atraendo o interese e educando sobor do cancro, ó tempo que presionar ós gobernos e cidadáns de todo o mundo para que emprendan accións concretas. Cada ano morren preto de oito millóns de persoas por cancro no mundo, pero moitas destas mortes son evitables mediante a prevención, a detección precoz, o tratamento e a investigación.

Unión Internacional polo Control do Cancro (UICC) pídenos a nosa colaboración para rematar con catro novos mitos:

myths.jpg
Mito #1: non necesitamos falar do cancro.

Mito #2: non hai signos nin síntomas do cancro.

Mito #3: non hai nada que eu poda facer en relación co cancro. 

Mito #4: non teño dereito a atención médica para o cancro.

Estes catro mitos son FALSOS. É necesario falar sobor do cancro porque nos axuda a salvar vidas a través da súa prevención, e a coñecer os seus signos e síntomas permitindo á súa detección e tratamento precoz, que son un dereito.


domingo, 2 de febreiro de 2014

Candeloria 2014



Hoxe casan os paxariños, e xa se sabe: "o casado casa quere!"